Voos a Nador
€
Próximos meses desdeA Coruña
Situada en Marrocos, á beira do mar Mediterráneo, Nador ten 200 quilómetros de praias dun gran valor ecolóxico. É a capital dunha provincia que garda rutas naturais moi pouco explotadas.
Un lugar de visita case obrigada na provincia de Nador é a lingua de terra que pecha a chamada Mar Chica. Nas súas praias amoréanse moitísimas cunchas mariñas e os atardeceres son unha marabilla.
Na serra de Nador podedes subir ao famoso monte Gurugú, rodeado de bosques e cun Forte español no máis alto. Outra visita imprescindible na provincia é o Cabo de “Trois Fourches”, un lugar que vos sorprenderá polas súas incribles vistas da costa marroquí.

