En Vueling utilizamos cookies para ofrecerche unha mellor experiencia de navegación e un servizo máis personalizado. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información consultando a nosa política. Aceptar

Política de uso de aparellos electrónicos

          • Teléfonos móbiles/intelixentes
          • Tabletas electrónicas, comunmente denominadas tablets
          • Auriculares electrónicos, comunmente auriculares persoais canceladores de ruído exterior
          • MP3, MP4 e derivados, así como reprodutores de música dixitais
          • Xogos electrónicos portátiles de dimensións reducidas
          • Ordenadores portátiles e ordenadores de tamaño reducido, comunmente chamados notebook
          • Tabletas de lectura, comunmente chamados e-readers
          • Dispositivos de bluetooth
          • Cámaras dixitais de foto e vídeo persoais (non cámaras profesionais)
          • Reprodutores de DVD/CD de tamaño reducido.

Permitirase o transporte de dispositivos electrónicos médicos necesarios para manter funcións fisiolóxicas de pasaxeiros, unicamente se eses dispositivos non transmiten nin dispoñen de modo transmisor.


    • 2.
      Prohíbese dentro de calquera avión de Vueling o uso de calquera tipo de cigarro electrónico.

    • 3.
      Calquera tipo de PED (incluído calquera tipo de cigarro electrónico) non poderá utilizarse durante o reabastecemento ou baleirado de combustible. Deberán ademais permanecer apagados, mesmo se estes dispoñen de “modo avión/voo”.

    • 4.
      Os teléfonos móbiles e outros PED que dispoñan de antena ou no seu defecto emitan ondas electromagnéticas, poderán usarse a bordo dos avións de Vueling sempre que as portas estean abertas. Dentro destes últimos inclúense todos os aparatos que poidan emitir ou recibir chamadas, mensaxes de texto, fotos ou calquera tipo de mensaxeiría por rede móbil.

  • 5.
    En calquera momento do voo o comandante da aeronave poderá ordenar o apagado e estiba de todos os PED, mesmo se estes dispoñen de “modo avión/voo”, no caso de que detecte calquera posible interferencia ou anomalía cos sistemas da aeronave.

Así mesmo, non se permitirá o uso de ningún tipo de auriculares nos asentos situados nas saídas de emerxencia durante as fases críticas do voo (rodadura, despegue e aterraxe).

Os dispositivos electrónicos que sexan facturados xunto coa equipaxe deberán estar en todo momento apagados.


Fase

PED de man

PED pesados

Auriculares persoais

WIFI, funcións de mensaxeiría e chamadas

Embarque
 
 
 
 
Atraso prolongado de saída en terra (1)
 
 
 
 
Taxi-out (2)
 
 
 
 
Despegue (2)
 
 
 
 
Cruceiro (2)
 
 
 
 
Anuncio 10 minutos para a chegada (2)
 
 
 
 
Aterraxe (2)
 
 
 
 
Taxi-in (2)
 
 
 
 

Notas:

    • (1): baixo consentimento do comandante

  • (2): co “modo voo/avión” activado.

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.