Política de cookies

Política de cookies

As cookies son pequenos ficheiros de datos que se instalan no ordenador ou dispositivo móbil do usuario e que permiten que sexa o propio usuario o que almacene ou recupere a información que xera a súa actividade na rede, xa sexa a través do seu ordenador ou dun dispositivo móbil. Deste xeito, mellórase e personalízase a experiencia do usuario coa web e os servizos que ofrece.

Durante o acceso e navegación na web ou mediante a utilización da app móbil, Vueling pode almacenar ou rexistrar as direccións IP, preferencias de usuario ou o tipo de dispositivo utilizado e cuxa finalidade é estatística en relación co número de visitas ou tráfico da web, ademais de para ofrecer unha experiencia máis personalizada na súa navegación ou lembrar os seus datos para iniciar sesión mesmo en diferentes dispositivos.

Este sitio web ou a app móbil de Vueling pode empregar as seguintes cookies, xa sexan propias ou de terceiros autorizados:

  • Cookies técnicas: Son necesarias para o correcto funcionamento da web. Estas cookies son memorizadas e unicamente teñen validez temporal. Estas cookies non gravan de forma permanente ningunha información no disco duro do seu ordenador e son básicas para controlar o tráfico e a comunicación de datos, iniciar sesión ou realizar o proceso de compra entre outros.
  • Cookies funcionais: O obxectivo principal das cookies de navegación é evitar recomendacións non afíns aos seus intereses e si ofrecer propostas comerciais dirixidas e personalizadas, como pode ser o idioma que elixiches ou buscas anteriores dos teus destinos.

Estas cookies de navegación basean a súa utilidade no seguimento temporal da navegación por Internet. O usuario ten a posibilidade de eliminar este tipo de cookies antes de iniciar a navegación por outras páxinas do sitio web.

  • Cookies de análise ou estatísticas: As cookies estatísticas permiten coñecer o nivel de recorrencia dos nosos visitantes e os contidos que resultan máis interesantes. Deste xeito podemos concentrar os nosos esforzos en mellorar as áreas máis visitadas e facer que o usuario atope máis facilmente o que busca.

Vueling pode empregar a información da súa visita para realizar avaliacións e cálculos estatísticos sobre datos anónimos, así como para garantir a continuidade do servizo ou para realizar melloras nos seus sitios web. A devandita información non será utilizada para ningunha outra finalidade. Vueling pode empregar cookies de análise de terceiros.

  • Cookies publicitarias: Permiten que os anuncios que vexas na nosa web ou noutras páxinas web sexan máis personalizados e consonte cos teus gustos, baseándonos por exemplo nas túas buscas de destinos ou outros hábitos de navegación. Vueling pode empregar cookies publicitarias de terceiros.
  • Cookies de xeolocalización: Permiten coñecer a localización do usuario, previo consentimento, para permitir a prestación de determinados servizos ou personalizar a experiencia do usuario (por exemplo atopar o aeroporto máis próximo).
  • Web beacons: Vueling pode empregar por si mesmo ou a través de terceiros web beacons, é dicir, unha pequena imaxe gráfica que permite identificar se a visualización dun anuncio determinado permitiu a realización dunha reserva, de xeito que poidamos monitorizar os resultados das webs de afiliados, ademais de para análises estatísticas.
  • Píxel tags: Esta tecnoloxía permite que tanto na web coma en correos electrónicos se poida facer un seguimento do comportamento do usuario.

Podes ver todas as cookies de Vueling desde o teu propio navegador en calquera momento e eliminalas.

Vueling tamén emprega local storage ou almacenamento local que permite recompilar e almacenar información persoal de xeito local no dispositivo do usuario mediante tecnoloxía HTML5, de xeito que, mesmo despois de pechar o navegador, poden recuperarse os datos. Aínda que o funcionamento é similar a unha cookie, o local storage ten algunhas diferenzas xa que pode ocupar máis espazo, a información almacenada non é enviada ao servidor en cada petición e non ten caducidade, polo que haberá que eliminalo expresamente.

Xestión de cookies

Podes configurar o teu navegador para aceptar ou rexeitar de maneira predeterminada todas as cookies ou para recibir un aviso en pantalla da recepción de cada cookie e decidir nese momento a súa implantación ou non no seu disco duro. Para iso, suxerímoslle a sección de axuda do seu navegador para saber como cambiar a configuración que actualmente emprega. Tamén pode empregar ferramentas de bloqueo de cookies de rastrexo do tipo “do not track”.

Así mesmo, podes revogar en calquera momento o consentimento prestado para o emprego de cookies por parte de Vueling, configurando para iso o teu navegador nos termos previstos a continuación:

Se empregas Microsoft Internet Explorer, na opción de menú “Ferramentas”, seleccionando “Opcións de Internet” e accedendo a “Privacidade”.

Se empregas Firefox, para Mac na opción de menú “Preferencias”, seleccionando “Privacidade”, accedendo ao apartado “Amosar Cookies”; e para Windows na opción de menú “Ferramentas”, seleccionando “Opcións”, accedendo a “Privacidade” e despois a “Usar unha configuración personalizada para o historial”.

Se empregas Safari, na opción de menú “Preferencias”, seleccionando “Privacidade”.

Se empregas Google Chrome, na opción de menú Ferramentas, seleccionando “Opcións” (“Preferencias” en Mac), accedendo a “Avanzadas” e despois na opción “Configuración Contido da sección Privacidade” e finalmente marcando “Cookies” no diálogo “Configuración de contido”.

Sen prexuízo do anterior, ten en conta que a desactivación de cookies pode afectar ao correcto funcionamento de determinadas seccións da páxina web e da app.

 

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.
• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •
807 300 745
8-24 h todos os días. 0,91 €/min desde rede fixa, e 1,27 €/min desde rede móbil, imp. incl.
902 808 005
0-24 h todos os días (Atención personalizada: 9-21 h).
  • ©2016 Vueling Airlines SA