Condicións de uso do sitio web

www.vueling.com

As presentes condicións xerais de uso regulan o acceso e utilización do sitio web www.vueling.com (o "Sitio Web"), cuxo contido ten carácter exclusivamente informativo. O Sitio Web foi creado por Vueling Airlines, S.A. con domicilio social en El Prat de Llobregat (Barcelona), Parque de Negocios Mas Blau II, Pla de l'Estany, 5, inscrita no Rexistro Mercantil de Barcelona, Folio 196, Tomo 36403, Folla B-279224, C.I.F A-63422141 ("Vueling"), número de fax 933787879. O acceso e navegación dun usuario polo Sitio Web implica o coñecemento e a aceptación sen reservas dos seguintes termos e condicións (as "Condicións Xerais"):
1.
Termos e condicións

1.1. Os contidos, actividades comerciais, produtos e servizos incluídos no Sitio Web non están concibidos nin dirixidos a aquelas persoas que residan en xurisdicións onde os seus contidos non se atopen debidamente autorizados.

1.2. O Sitio Web comprende unicamente as páxinas servidas por www.vueling.com en cada momento. O acceso e navegación polo Sitio Web é responsabilidade exclusiva dos usuarios nos termos previstos nas presentes Condicións Xerais.

1.3. A consulta de calquera dos contidos do Sitio Web non constituirá por si mesma ningún tipo de relación contractual entre Vueling e o usuario.

2.
Obrigas do usuario

2.1. O usuario comprométese a utilizar os servizos e contidos do Sitio Web consonte a Lei, as presentes Condicións Xerais e as condicións particulares dos servizos que oferte Vueling en cada momento, debendo absterse de empregalos para:

(I) Realizar actividades ilícitas ou constitutivas de delito, contrarias á boa fe, a moral, a orde pública ou os usos e/ou actividades que constitúan unha infracción da regulación sobre propiedade intelectual e industrial ou calquera outra norma do ordenamento xurídico aplicable.

(II) Difundir contidos de carácter racista, xenófobo, pornográfico, de apoloxía do terrorismo e/ou que atenten contra os dereitos humanos.

(III) Introducir ou difundir na rede programas de datos (virus e software nocivos) susceptibles de provocar danos nos sistemas informáticos de Vueling, os seus provedores ou terceiros usuarios da rede interna ou deste Sitio Web.

(IV) Transmitir a terceiros non autorizados o seu nome de usuario e o seu contrasinal, debendo comunicar inmediatamente a Vueling o acceso por parte dun usuario non autorizado a esa información. A eses efectos, Vueling resérvase o dereito a modificar o nome de usuario e o contrasinal para a protección do servizo.

(V) Poñer a disposición dos demais usuarios, enviar por correo electrónico ou dalgún xeito transmitir calquera contido que, de acordo coas disposicións aplicables ou relacións contractuais existentes, o usuario non estea autorizado a transmitir (tales como información privilexiada, información protexida por dereitos de propiedade industrial ou intelectual ou información sobre a cal teña un deber de confidencialidade).

(VI) Realizar prácticas de spamming e, en xeral, difundir publicidade non solicitada ou autorizada, material publicitario, "correo lixo", "cartas en cadea", "estruturas piramidais" ou calquera outra forma de información, excepto nas áreas do Sitio Web especificamente habilitadas para iso.

(VII) Reproducir, duplicar, copiar, vender, revender ou explotar para fins comerciais, total ou parcialmente, os contidos do Sitio Web.

2.2. Os usuarios que contraten servizos a través do Sitio Web manifestan ser maiores de idade consonte a lexislación española. En caso de contratación por menores de idade, requírese a autorización dos pais ou titores para poder gozar do servizo contratado.

3.
Modificación da información

Vueling resérvase o dereito exclusivo a actualizar, modificar ou eliminar os contidos do Sitio Web, así como o dereito de limitar ou impedir o acceso a este. Vueling poderá exercer eses dereitos en calquera momento e sen previo aviso.

4.
Contidos

4.1. Vueling comprométese a realizar os seus mellores esforzos para evitar calquera erro nos contidos que puidesen aparecer no Sitio Web. En calquera caso, Vueling estará exento de calquera responsabilidade derivada de eventuais erros nos contidos que puidesen aparecer no Sitio Web, agás aqueles extremos aos que obrigue a Lei.

4.2. Vueling non asume ningunha responsabilidade polas discrepancias que puidesen existir entre os documentos impresos e a versión electrónica publicada no Sitio Web, agás nos supostos que así o esixa a normativa vixente. En caso de discrepancia entre a versión impresa e a publicada no Sitio Web, prevalecerá a versión impresa.

4.3. Vueling non se responsabiliza de ningún xeito daqueles contidos, actividades comerciais, produtos e servizos incluídos que puidesen visualizarse mediante ligazóns electrónicas (links), directa ou indirectamente, a través do Sitio Web. A presenza de ligazóns no Sitio Web, agás manifestación expresa en contrario, ten unha finalidade puramente informativa e en ningún caso supón suxestión, invitación ou recomendación sobre estes. Estas ligazóns non representan ningún tipo de relación entre Vueling e os particulares ou empresas titulares dos sitios web aos que poida accederse mediante estas ligazóns. Vueling resérvase o dereito de retirar de xeito unilateral e en calquera momento as ligazóns que aparecen no Sitio Web.

5.
Navegación, acceso e seguridade

5.1. Vueling realiza os seus mellores esforzos para que a navegación se efectúe nas mellores condicións.

5.2. Este Sitio Web foi deseñado para soportar o navegador Internet Explorer. Neste contexto, Vueling non se fai responsable dos prexuízos de calquera índole que puidesen ocasionarse aos usuarios pola utilización doutros navegadores ou versións distintas dos navegadores para os que foi deseñado o Sitio Web.

5.3. Vueling non asume ningunha responsabilidade nin garante que o acceso ao Sitio Web sexa ininterrompido nin estea libre de erro. Vueling tampouco asume ningunha responsabilidade nin garante que o contido ou software ao que poida accederse a través do Sitio Web estea libre de erros e non poida causar danos ao equipo informático desde o que acceda o usuario. En ningún caso Vueling será responsable das perdas, danos ou prexuízos de calquera tipo que xurdan polo uso e a navegación polo Sitio Web, incluíndo, sen limitación, os danos ocasionados aos sistemas informáticos ou os provocados pola introdución de virus. En particular, Vueling non se fai responsable de ningún xeito das caídas, interrupcións, falta ou defecto das telecomunicacións que puidesen ocorrer no transcurso de operacións de natureza financeira nin daqueles danos e prexuízos que puidesen xerarse neses casos.

5.4. Vueling non se fai responsable dos danos que puidesen ocasionarse aos usuarios por un uso non axeitado do Sitio Web.

5.5. Os servizos ofertados no Sitio Web só poden ser utilizados correctamente se se cumpren as especificacións técnicas para as que foron deseñados.

6.
Política de privacidade

Vueling comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo sobre os datos de carácter persoal e a tratalos con confidencialidade e adoptou as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta en todo momento o estado da tecnoloxía consonte o previsto na lexislación en materia de protección de datos de carácter persoal que sexa aplicable en España en cada momento. Vueling poderá actualizar a presente Política de privacidade, polo que é recomendable que o usuario a revise regularmente.

Que datos recollemos?

Vueling recolle a través dos seus formularios datos persoais necesarios para a prestación dos seus servizos ou para a realización de transaccións electrónicas, como pode ser o seu nome, apelidos, correo electrónico, domicilio, DNI, número de tarxeta de crédito ou número de teléfono ou datos de facturación.

Vueling tamén obtén información sobre a súa navegación a través da web ou a aplicación móbil, como pode ser o número de visitas, información de rexistro, impresión dixital ou información de localización, entre outros. Igualmente Vueling pode obter información dos correos electrónicos, como confirmacións de lectura destes.

En relación coas cookies que Vueling emprega, pode obter máis información na nosa Política de cookies.

Con quen compartimos os teus datos?

Vueling, na súa calidade de responsable dos ficheiros xerados cos datos de carácter persoal subministrados polos usuarios, informa de que poderá ceder os datos ao seu accionista maioritario International Consolidated Airlines Group, S.A. (Grupo IAG) ou a outras empresas pertencentes ao Grupo IAG para as finalidades indicadas nesta Política de privacidade. A relación autorizada das empresas pertencentes ao Grupo AIG atópase na web (iwww.iairgroup.com). Igualmente poderá ceder os datos a terceiros naqueles casos permitidos pola normativa aplicable, así como a outras liñas aéreas coas que teña códigos compartidos ou a Autoridades competentes e Administracións Públicas que así o requiran.

Así mesmo, Vueling poderá dar acceso aos devanditos datos a aqueles provedores de servizos externos que actúan en calidade de encargado do tratamento en nome de Vueling, que en ningún caso poderán utilizalos para outros fins, nin cederllos a terceiros.

Igualmente, Vueling poderá facilitar a terceiros parte dalgúns datos estatísticos que, en ningún caso, permitirán a identificación persoal do usuario.

Como obtemos os seus datos?

Vueling pode recoller datos persoais dos usuarios durante o procedemento de reserva de billetes a través da páxina web de Vueling (en adiante, a “Web”), aplicación móbil de Vueling (en adiante, a “App”) ou teléfono, contratación de produtos ou servizos, durante a navegación pola súa web ou o uso da app ou redes sociais, ao crear unha conta de usuario ou fidelización, ao solicitar o envío de boletíns informativos ou newsletters, ao participar en concursos, sorteos ou similares, ou través de terceiros que nolos facilitan como axencias de viaxes ou touroperadores ou liñas aéreas con código compartido.

Para que empregamos os seus datos?

O usuario acepta que os datos persoais facilitados, incluídos os de localización, sexan incorporados a un ou varios ficheiros automatizados, cuxa titularidade corresponde a Vueling, coa finalidade de:

  • reservar unha praza para prestar o servizo de transporte aéreo;
  • subministrar e desenvolver outros servizos contratados e prestacións relacionadas coa atención ao cliente ou comercialización directa;
  • administración da conta de usuario ou fidelización, para que o usuario poida xestionar as súas reservas de forma máis sinxela e personalizada, ver destinos ou buscas realizadas anteriormente, mesmo desde diferentes dispositivos (ordenador, tableta, móbil);
  • facilitar o proceso de inmigración e ingreso;
  • dar cumprimento aos requisitos relativos á contabilidade, facturación e auditoría;
  • verificar tarxetas de crédito, débito ou outros medios de pagamento;
  • dar cumprimento aos requisitos de seguridade, administración e xurídicos de Vueling;
  • verificar, manter e desenvolver sistemas e análises estatísticos de diferente índole, como Google Analytics;
  • detectar e/ou prever o fraude ou actividades de carácter ilegal análogas;
  • prestar servizos engadidos, melloras nos nosos servizos e na experiencia do cliente ao facer uso da web ou da app.
  • Análises estatísticas de visitas á web e comportamentos dos seus usuarios nela.
  • Xeolocalización mediante tecnoloxía GPS, Bluetooth, redes Wi-Fi, enderezo IP ou tecnoloxías similares para unha mellor personalización dos servizos a través da web ou app.
  • darlle a coñecer, mesmo por medios electrónicos ou dispositivos móbiles (notificacións push), calquera información, promocións e publicidade que puidese ser do seu interese sobre servizos, produtos, novidades e demais información de Vueling. No caso das newsletters que serán remitidas, estas incluirán produtos ofrecidos por Vueling e operados por esta mesma ou por entidades colaboradoras. En caso de que vostede non desexe recibir comunicacións comerciais por medios electrónicos, pode darse de baixa na ligazón habilitada ao efecto nas newsletters que reciba, darse de baixa a través do cadro da web habilitado ao efecto, a través da súa conta de usuario.

Responsabilidade na veracidade dos datos

O usuario responderá da veracidade dos datos facilitados e responsabilizarase de comunicar a Vueling calquera modificación nestes, reservándose Vueling o dereito a excluír dos servizos rexistrados a todo usuario que facilitase datos falsos ou fraudulentos, sen prexuízo das demais accións que procedan en dereito.

Vueling non pode facerse responsable das ligazóns dispostos na súa web e que remitan a outras páxinas web titularidade de terceiros responsables destas.

Exercicio dos seus dereitos

Para exercitar os dereitos de acceso, modificación, oposición e cancelación, o usuario poderá dirixir a Vueling unha petición por escrito e achegando fotocopia do seu DNI ou Pasaporte, ao enderezo postal Vueling Airlines, S.A. (Departamento Legal), Parque Empresarial Mas Blau II, Pla de l’Estany nº 5, 08820 El Prat de Llobregat (Barcelona) ou ao enderezo lopd@vueling.com, debendo achegar igualmente DNI ou Pasaporte.

App de Vueling

Vueling pon a dispor do usuario unha app gratuíta para que poida reservar un voo ou contratar servizos a través dun dispositivo móbil (teléfono intelixente ou tableta). A devandita app procesa ou recolle determinados datos dos usuarios de xeito similar á web e almacénaos no propio dispositivo mediante Local storage (almacenamento local). Ademais, do indicado anteriormente, Vueling poderá recoller datos de localización do usuario mediante tecnoloxía GPS, Bluetooth, redes Wi-Fi, enderezo IP ou tecnoloxías similares para facilitar ao usuario información sobre o aeroporto máis próximo, operativa, reservas de voo, servizos adicionais ou outras comunicacións informativas ou comerciais mediante notificacións push, sempre e cando o usuario dese o seu consentimento a través do seu dispositivo móbil, o cal pode ser revogado en calquera momento a través do devandito dispositivo.

Igualmente Vueling poderá utilizar os datos de localización para fins estatísticos, así como para ofrecer promocións ou servizos personalizados e establecer políticas antifraude.

Redes sociais

Vueling pode dispoñer das contas da súa titularidade en diferentes redes sociais para promover os seus servizos e podería acceder, a través do provedor deste tipo de servizos, a determinada información sobre o usuario que previamente acepta compartir a través das devanditas redes. Vueling podería utilizar os datos recollidos a través das súas contas de redes sociais para a creación de campañas de publicidade segmentada, concursos, sorteos e promocións, consonte as condicións particulares e política de privacidade de cada rede social.

A través da súa web, Vueling pode poñer a dispor do usuario servizos que serán prestados por terceiros provedores, como pode ser a reserva de hoteis, aparcamentos, alugueiro de vehículos, transporte de equipaxe ou outros servizos relacionados. O usuario que contrata estes servizos deberá aceptar os termos e condicións e a política de privacidade de cada provedor de servizos, polo que Vueling non pode responsabilizarse destes servizos nin dos datos que o usuario voluntariamente lles facilite.

Seguridade nas transaccións

Vueling vela pola seguridade e confidencialidade das súas transaccións realizadas a través da web ou a app e toma todas as precaucións necesarias para evitar calquera acceso non autorizado por parte de terceiros, tendo en conta o estado da técnica en cada momento.

Traballamos de forma continua na loita contra o fraude e a usurpación de identidade nas transaccións electrónicas, utilizando software e sistemas que nos axudan a detectar condutas potencialmente fraudulentas e evitar que se repitan.

Ao realizar unha transacción a través da súa conta de usuario, poderase solicitar que Vueling almacene o seu número de tarxeta para futuras compras. O número da súa tarxeta quedará sempre cifrado mediante o protocolo SSL que ofrece o máis alto nivel de seguridade.

Sen prexuízo do anterior, é moi importante que o usuario tome as precaucións básicas necesarias para a súa propia seguridade e, especialmente, recomendamos as seguintes:

  • Non facilitar nunca o nome de usuario de conta nin contrasinais a terceiros.
  • Cambiar de contrasinal regularmente e non utilizar contrasinais comúns (123456, qwerty, admin ou similares) ou facilmente identificables (a súa data de nacemento, o seu apelido, etc.).
  • Pechar sesión e desconectar as túas contas (mesmo as de redes sociais) para evitar o acceso non autorizado, especialmente se se conecta desde un equipo compartido por outras persoas.
  • Pechar a ventá do navegador.
7.
Información sobre aspectos técnicos

Vueling non será responsable de posibles danos ou prexuízos que se puidesen derivar de interferencias, omisións, interrupcións, virus informáticos, avarías telefónicas ou desconexións no funcionamento operativo deste sistema electrónico, motivadas por causas alleas a Vueling; de atrasos ou bloqueos no uso do presente sistema electrónico causados por deficiencias ou sobrecargas no seu Centro de procesos de datos, de liñas telefónicas, no sistema de Internet ou noutros sistemas electrónicos; nin tampouco de danos que poidan ser causados por terceiras persoas mediante intromisións ilexítimas fóra do control de Vueling. Así mesmo, Vueling non será responsable de ningún dano ou prexuízo que puidese sufrir o usuario como consecuencia de erros, defectos ou omisións, na información facilitada por Vueling sempre que proceda de fontes alleas. Tampouco será responsable Vueling do non axeitado uso do servizo como consecuencia de labores de mantemento, unha defectuosa configuración do equipo informático do usuario ou a insuficiente capacidade para soportar os sistemas informáticos necesarios para a utilización dos servizos ofrecidos.

8.
Propiedade intelectual e industrial

Determinados contidos aos que o usuario pode acceder a través do Sitio Web están suxeitos a dereitos de propiedade industrial e intelectual titularidade de Vueling ou de terceiros titulares deses dereitos. O acceso a eses contidos ou elementos a través do Sitio Web non outorga ao usuario o dereito de alteración, modificación, explotación ou reprodución, distribución, comunicación pública ou calquera outro dereito que corresponda ao titular do dereito afectado. O usuario comprométese a utilizar os contidos e/ou elementos aos que acceda a través do Sitio Web para o seu propio uso e necesidades, e a non realizar en ningún caso unha explotación comercial, directa ou indirecta destes.

9.
Retirada e suspensión dos servizos

Vueling poderá retirar ou suspender, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, a prestación de servizos a aqueles usuarios que incumpran o establecido nas presentes condicións de uso.

10.
Duración e terminación

A prestación dos servizos e información incluídos no Sitio Web teñen, en principio, unha duración indefinida. Vueling poderá dar por rematada ou suspender a prestación do servizo e/ou calquera outro elemento do Sitio Web en calquera momento. Cando isto sexa razoablemente posible, advertirase aos usuarios previamente da terminación ou suspensión da prestación dos diversos servizos.

11.
Xurisdición e Lei aplicable

No suposto de que xurda calquera conflito ou discrepancia na interpretación ou aplicación das presentes Condicións de uso, os Xulgados e Tribunais que, no seu caso, coñecerán do asunto, serán os que dispoña a normativa legal aplicable en materia de xurisdición competente, na que se atende, tratándose de consumidores finais, ao lugar do cumprimento da obriga ou ao do domicilio da parte compradora.

Todo isto sen prexuízo da facultade do usuario de acudir á Xunta Arbitral de Consumo da súa demarcación.

No caso de que se trate dunha compravenda realizada por unha empresa, ambas as dúas partes se someten, con renuncia expresa a calquera outro foro, aos Xulgados e Tribunais de Barcelona (España).

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.
• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •
902 808 022
8-24 h todos os días.
902 808 005
0-24 h todos os días (Atención personalizada: 9-21 h).
  • ©2016 Vueling Airlines SA