En Vueling utilizamos cookies para ofrecerche unha mellor experiencia de navegación e un servizo máis personalizado. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información consultando a nosa política. Aceptar

Condicións de uso do sitio web

www.vueling.com

As presentes condicións xerais de uso regulan o acceso e utilización do sitio web www.vueling.com (o "Sitio Web"), cuxo contido ten carácter exclusivamente informativo. O Sitio Web foi creado por Vueling Airlines, S.A. con domicilio social en El Prat de Llobregat (Barcelona), Parque de Negocios Mas Blau II, Pla de l'Estany, 5, inscrita no Rexistro Mercantil de Barcelona, Folio 196, Tomo 36403, Folla B-279224, C.I.F A-63422141 ("Vueling"), correo electrónico lopd@vueling.com e número de fax 933787879. O acceso e navegación dun usuario polo Sitio Web implica o coñecemento e a aceptación sen reservas dos seguintes termos e condicións (as "Condicións Xerais"):
1.
Termos e condicións

1.1. Os contidos, actividades comerciais, produtos e servizos incluídos no Sitio Web non están concibidos nin dirixidos a aquelas persoas que residan en xurisdicións onde os seus contidos non se atopen debidamente autorizados.

1.2. O Sitio Web comprende unicamente as páxinas servidas por www.vueling.com en cada momento. O acceso e navegación polo Sitio Web é responsabilidade exclusiva dos usuarios nos termos previstos nas presentes Condicións Xerais.

1.3. A consulta de calquera dos contidos do Sitio Web non constituirá por si mesma ningún tipo de relación contractual entre Vueling e o usuario.

2.
Obrigas do usuario

2.1. O usuario comprométese a utilizar os servizos e contidos do Sitio Web consonte a Lei, as presentes Condicións Xerais e as condicións particulares dos servizos que oferte Vueling en cada momento, debendo absterse de empregalos para:

(I) Realizar actividades ilícitas ou constitutivas de delito, contrarias á boa fe, a moral, a orde pública ou os usos e/ou actividades que constitúan unha infracción da regulación sobre propiedade intelectual e industrial ou calquera outra norma do ordenamento xurídico aplicable.

(II) Difundir contidos de car��cter racista, xenófobo, pornográfico, de apoloxía do terrorismo e/ou que atenten contra os dereitos humanos.

(III) Introducir ou difundir na rede programas de datos (virus e software nocivos) susceptibles de provocar danos nos sistemas informáticos de Vueling, os seus provedores ou terceiros usuarios da rede interna ou deste Sitio Web.

(IV) Transmitir a terceiros non autorizados o seu nome de usuario e o seu contrasinal, debendo comunicar inmediatamente a Vueling o acceso por parte dun usuario non autorizado a esa información. A eses efectos, Vueling resérvase o dereito a modificar o nome de usuario e o contrasinal para a protección do servizo.

(V) Poñer a disposición dos demais usuarios, enviar por correo electrónico ou dalgún xeito transmitir calquera contido que, de acordo coas disposicións aplicables ou relacións contractuais existentes, o usuario non estea autorizado a transmitir (tales como información privilexiada, información protexida por dereitos de propiedade industrial ou intelectual ou información sobre a cal teña un deber de confidencialidade).

(VI) Realizar prácticas de spamming e, en xeral, difundir publicidade non solicitada ou autorizada, material publicitario, "correo lixo", "cartas en cadea", "estruturas piramidais" ou calquera outra forma de información, excepto nas áreas do Sitio Web especificamente habilitadas para iso.

(VII) Reproducir, duplicar, copiar, vender, revender ou explotar para fins comerciais, total ou parcialmente, os contidos do Sitio Web.

2.2. Os usuarios que contraten servizos a través do Sitio Web manifestan ser maiores de idade consonte a lexislación española. En caso de contratación por menores de idade, requírese a autorización dos pais ou titores para poder gozar do servizo contratado.

3.
Modificación da información

Vueling resérvase o dereito exclusivo a actualizar, modificar ou eliminar os contidos do Sitio Web, así como o dereito de limitar ou impedir o acceso a este. Vueling poderá exercer eses dereitos en calquera momento e sen previo aviso.

4.
Contidos

4.1. Vueling comprométese a realizar os seus mellores esforzos para evitar calquera erro nos contidos que puidesen aparecer no Sitio Web. En calquera caso, Vueling estará exento de calquera responsabilidade derivada de eventuais erros nos contidos que puidesen aparecer no Sitio Web, agás aqueles extremos aos que obrigue a Lei.

4.2. Vueling non asume ningunha responsabilidade polas discrepancias que puidesen existir entre os documentos impresos e a versión electrónica publicada no Sitio Web, agás nos supostos que así o esixa a normativa vixente. En caso de discrepancia entre a versión impresa e a publicada no Sitio Web, prevalecerá a versión impresa.

4.3. Vueling non se responsabiliza de ningún xeito daqueles contidos, actividades comerciais, produtos e servizos incluídos que puidesen visualizarse mediante ligazóns electrónicas (links), directa ou indirectamente, a través do Sitio Web. A presenza de ligazóns no Sitio Web, agás manifestación expresa en contrario, ten unha finalidade puramente informativa e en ningún caso supón suxestión, invitación ou recomendación sobre estes. Estas ligazóns non representan ningún tipo de relación entre Vueling e os particulares ou empresas titulares dos sitios web aos que poida accederse mediante estas ligazóns. Vueling resérvase o dereito de retirar de xeito unilateral e en calquera momento as ligazóns que aparecen no Sitio Web.

5.
Navegación, acceso e seguridade

5.1. Vueling realiza os seus mellores esforzos para que a navegación se efectúe nas mellores condicións.

5.2. Este Sitio Web foi deseñado para soportar o navegador Internet Explorer. Neste contexto, Vueling non se fai responsable dos prexuízos de calquera índole que puidesen ocasionarse aos usuarios pola utilización doutros navegadores ou versións distintas dos navegadores para os que foi deseñado o Sitio Web.

5.3. Vueling non asume ningunha responsabilidade nin garante que o acceso ao Sitio Web sexa ininterrompido nin estea libre de erro. Vueling tampouco asume ningunha responsabilidade nin garante que o contido ou software ao que poida accederse a través do Sitio Web estea libre de erros e non poida causar danos ao equipo informático desde o que acceda o usuario. En ningún caso Vueling será responsable das perdas, danos ou prexuízos de calquera tipo que xurdan polo uso e a navegación polo Sitio Web, incluíndo, sen limitación, os danos ocasionados aos sistemas informáticos ou os provocados pola introdución de virus. En particular, Vueling non se fai responsable de ningún xeito das caídas, interrupcións, falta ou defecto das telecomunicacións que puidesen ocorrer no transcurso de operacións de natureza financeira nin daqueles danos e prexuízos que puidesen xerarse neses casos.

5.4. Vueling non se fai responsable dos danos que puidesen ocasionarse aos usuarios por un uso non axeitado do Sitio Web.

5.5. Os servizos ofertados no Sitio Web só poden ser utilizados correctamente se se cumpren as especificacións técnicas para as que foron deseñados.

6.
Cookies e protección de datos

6.1. Cookies

As cookies son pequenos ficheiros de datos que se xeran no ordenador do Usuario e que permiten que sexa o propio Usuario o que almacene a información que xera a súa actividade na rede.

Este sitio web pode utilizar as seguintes cookies:

Cookies de sesión

As cookies de sesión son memorizadas e unicamente teñen validez temporal. Estas cookies non gravan de forma permanente ningunha información no disco duro do seu ordenador.

Cookies de navegación

O obxectivo principal das cookies de navegación é evitar ofrecerlles recomendacións non afíns aos seus intereses e ofrecerlles propostas comerciais dirixidas e personalizadas.

Estas cookies de navegación basean a súa utilidade no seguimento temporal da navegación por Internet. O Usuario ten a posibilidade de eliminar este tipo de cookies antes de iniciar a navegación por outras páxinas do sitio web.

Cookies estatísticas

As cookies estatísticas permiten coñecer a seguinte información:

- A data e a hora da última vez que o Usuario visitou o noso sitio web.

- O acceso aos contidos que o Usuario escolleu na súa última visita ao noso sitio web.

Para realizar as estatísticas de uso do noso sitio web utilizamos ferramentas estatísticas cun alcance limitado ás funcións descritas no parágrafo anterior e coa finalidade de coñecer o nivel de recorrencia dos nosos visitantes e os contidos que resultan máis interesantes. Deste xeito podemos concentrar os nosos esforzos en mellorar as áreas máis visitadas e facer que o usuario atope máis facilmente o que busca.

O sitio Web pode utilizar a información da súa visita para realizar avaliacións e cálculos estatísticos sobre datos anónimos, así como para garantir a continuidade do servizo ou para realizar melloras nos seus sitios Web. Esa información non será utilizada para ningunha outra finalidade.

Xestión de Cookies

Neste sentido, vostede pode configurar o seu navegador para aceptar ou rexeitar de maneira predeterminada todas as cookies ou para recibir un aviso en pantalla da recepción de cada cookie e decidir nese momento a súa implantación ou non no seu disco duro. Para iso, suxerímoslle a sección de axuda do seu navegador para saber como cambiar a configuración que actualmente emprega. Tamén pode empregar ferramentas de bloqueo de cookies de rastreo como Do Not Track, que pode descargar do sitio: http://www.abine.com/dntdetail.php

Así mesmo, ten a posibilidade de revogar en calquera momento o consentimento prestado para a utilización de cookies por parte de Vueling, configurando para iso o seu navegador nos termos previstos no punto anterior.

Sen prexuízo do anterior, teña en conta que a desactivación de cookies pode afectar ao correcto funcionamento de determinadas seccións da páxina web.

6.2. Protección de datos

En relación aos datos obtidos no procedemento de contratación de produtos polos usuarios, Vueling é titular do ficheiro xerado cos datos de carácter persoal subministrados polos usuarios. Vueling comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de tratalos con confidencialidade e adoptará, a estes efectos, as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta en todo momento o estado da tecnoloxía consonte o previsto na lexislación en materia de protección de datos de carácter persoal que sexa aplicable en España en cada momento. O usuario acepta que os datos persoais achegados no momento de solicitar a prestación de calquera dos nosos servizos sexan incorporados a un ficheiro automatizado, cuxa titularidade corresponde a Vueling, coa finalidade de prestar o servizo solicitado, e en especial coa finalidade de: (i) reservar unha praza para permitir ao Transportista confirmar esa reserva; (ii) subministrar e desenvolver servizos e prestacións relacionadas coa comercialización directa; (iii) facilitar o proceso de inmigración e ingreso; (iv) dar cumprimento aos requisitos relativos á contabilidade, facturación e auditoría do Transportista; (v) verificar tarxetas de crédito e outros tipos de tarxeta de pagamento; (vi) dar cumprimento aos requisitos de seguridade, administración e xurídicos do Transportista, e (vii) verificar, manter e desenvolver sistemas e análises estatísticas, así como de darlle a coñecer, mesmo por medios electrónicos, calquera información e publicidade que puidese ser do seu interese sobre outros produtos, servizos, promocións, novidades e demais información de Vueling que poida considerar do seu interese. Especificamente, no caso das newsletters que serán remitidas, estas incluirán produtos ofrecidos por Vueling e operados por esta mesma ou por entidades colaboradoras. En caso de que vostede non desexe recibir comunicacións comerciais por medios electrónicos pode dirixirse en calquera momento a Vueling a través do seguinte enderezo de correo electrónico lopd@vueling.com. O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados e responsabilizarase de comunicar a Vueling calquera modificación nestes, reservándose Vueling o dereito a excluír dos servizos rexistrados a todo usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito. Por último, infórmase ao usuario de que para exercitar os dereitos de acceso, modificación, oposición e cancelación poderá dirixir a Vueling unha petición por escrito ao enderezo postal Vueling Airlines, S.A. (Departamento Legal), Parque Empresarial Mas Blau II, Plaza Pla de l’Estany nº 5, 08820 El Prat de Llobregat (Barcelona).

7.
Información sobre aspectos técnicos

Vueling non será responsable de posibles danos ou prexuízos que se puidesen derivar de interferencias, omisións, interrupcións, virus informáticos, avarías telefónicas ou desconexións no funcionamento operativo deste sistema electrónico, motivadas por causas alleas a Vueling; de atrasos ou bloqueos no uso do presente sistema electrónico causados por deficiencias ou sobrecargas no seu Centro de procesos de datos, de liñas telefónicas, no sistema de Internet ou noutros sistemas electrónicos; nin tampouco de danos que poidan ser causados por terceiras persoas mediante intromisións ilexítimas fóra do control de Vueling. Así mesmo, Vueling non será responsable de ningún dano ou prexuízo que puidese sufrir o usuario como consecuencia de erros, defectos ou omisións, na información facilitada por Vueling sempre que proceda de fontes alleas. Tampouco será responsable Vueling do non axeitado uso do servizo como consecuencia de labores de mantemento, unha defectuosa configuración do equipo informático do usuario ou a insuficiente capacidade para soportar os sistemas informáticos necesarios para a utilización dos servizos ofrecidos.

8.
Propiedade intelectual e industrial

Determinados contidos aos que o usuario pode acceder a través do Sitio Web están suxeitos a dereitos de propiedade industrial e intelectual titularidade de Vueling ou de terceiros titulares deses dereitos. O acceso a eses contidos ou elementos a través do Sitio Web non outorga ao usuario o dereito de alteración, modificación, explotación ou reprodución, distribución, comunicación pública ou calquera outro dereito que corresponda ao titular do dereito afectado. O usuario comprométese a utilizar os contidos e/ou elementos aos que acceda a través do Sitio Web para o seu propio uso e necesidades, e a non realizar en ningún caso unha explotación comercial, directa ou indirecta destes.

9.
Retirada e suspensión dos servizos

Vueling poderá retirar ou suspender, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, a prestación de servizos a aqueles usuarios que incumpran o establecido nas presentes condicións de uso.

10.
Duración e terminación

A prestación dos servizos e información incluídos no Sitio Web teñen, en principio, unha duración indefinida. Vueling poderá dar por rematada ou suspender a prestación do servizo e/ou calquera outro elemento do Sitio Web en calquera momento. Cando isto sexa razoablemente posible, advertirase aos usuarios previamente da terminación ou suspensión da prestación dos diversos servizos.

11.
Xurisdición e Lei aplicable

No suposto de que xurda calquera conflito ou discrepancia na interpretación ou aplicación das presentes Condicións de uso, os Xulgados e Tribunais que, no seu caso, coñecerán do asunto, serán os que dispoña a normativa legal aplicable en materia de xurisdición competente, na que se atende, tratándose de consumidores finais, ao lugar do cumprimento da obriga ou ao do domicilio da parte compradora.

Todo isto sen prexuízo da facultade do usuario de acudir á Xunta Arbitral de Consumo da súa demarcación.

No caso de que se trate dunha compravenda realizada por unha empresa, ambas as dúas partes se someten, con renuncia expresa a calquera outro foro, aos Xulgados e Tribunais de Barcelona (España).

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.
• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

Teléfono de contacto desde:
807 300 720 6-24 h todos os días.
0,91 €/min desde rede fixa, e 1,27 €/min desde rede móbil, imp. incl.

  • ©2014 Vueling Airlines SA