Condicións de uso do sitio web

www.vueling.com

As presentes condicións xerais de uso regulan o acceso e utilización do sitio web www.vueling.com (o «Sitio web»), o cal ten un contido de carácter exclusivamente informativo. O sitio web creouno Vueling Airlines, S.A, con domicilio social no Prat de Llobregat (Barcelona), Parque de Negocios Mas Blau II, Pla de l'Estany, 5, inscrita no Rexistro Mercantil de Barcelona, Folio 196, Tomo 36403, Folla B-279224 e C.I.F. A- 63422141 («Vueling»). O acceso e navegación dun usuario polo Sitio web implica o coñecemento e a aceptación sen reservas dos seguintes termos e condicións (as «Condicións xerais»):
1.
Termos e condicións

1.1. Os contidos, actividades comerciais, produtos e servizos incluídos no Sitio web non están concibidos nin dirixidos a aquelas persoas que residan en xurisdicións onde os seus contidos non se atopen debidamente autorizados.

1.2. O Sitio web unicamente comprende as páxinas servidas por www.vueling.com en cada momento. O acceso ao Sitio web e a navegación polo mesmo son responsabilidade exclusiva dos usuarios de acordo cos termos previstos nas presentes Condicións xerais.

1.3. A consulta de calquera dos contidos do Sitio web non constituirá por si mesma ningún tipo de relación contractual entre Vueling e o usuario.

2.
Obrigas do usuario

2.1. O usario comprométese a utilizar os servizos e contidos do Sitio web de conformidade coa Lei, coas presentes Condicións xerais e coas condicións particulares dos servizos que oferte Vueling en cada momento, e non os poderá empregar para:

(I) Realizar actividades ilícitas ou constitutivas de delito, contrarias á boa fe, á moral e á orde pública, ou levar a cabo usos e/ou actividades que constitúan unha infracción da regulación sobre a propiedade intelectual e industrial ou de calquera outra norma do ordenamento xurídico aplicable.

(II) Difundir contidos de carácter racista, xenófobo, pornográfico, de apoloxía do terrorismo e/ou que atenten contra os dereitos humanos.

(III) Introducir ou difundir na rede programas de datos (virus e software nocivos) susceptibles de provocar danos aos sistemas informáticos de Vueling, aos seus provedores ou a terceiros usuarios da rede interna ou deste Sitio web.

(IV) Transmitir o seu nome de usuario e o seu contrasinal a terceiros non autorizados, caso no que deberá comunicar inmediatamente a Vueling o acceso a esta información por parte dun usuario non autorizado. A tales efectos, Vueling resérvase o dereito a modificar o nome de usuario e o contrasinal para a protección do servizo.

(V) Poñer a disposición dos demais usuarios, enviar por e-mail ou transmitir dalgún modo calquera contido que, de acordo coas disposicións aplicables ou relacións contractuais existentes, o usuario non estea autorizado a transmitir (tales como información privilexiada, información protexida por dereitos de propiedade industrial ou intelectual ou información sobre a cal teña un deber de confidencialidade).

(VI) Realizar prácticas de spamming e, en xeral, difundir publicidade non solicitada nin autorizada, material publicitario, «spam», «cartas en cadea», «estruturas piramidais», ou calquera outra forma de información, excepto nas áreas do Sitio web especificamente habilitadas para iso.

(VII) Reproducir, duplicar, copiar, vender, revender ou explotar para fins comerciais, total ou parcialmente, os contidos do Sitio web.

2.2. Os usuarios que contraten servizos a través do Sitio web manifestan ser maiores de idade de acordo coa lexislación española. En caso de contratación por parte de menores de idade, requírese a autorización dos pais ou titores para poder gozar do servizo contratado.

3.
Modificación da información

Vueling resérvase o dereito exclusivo a actualizar, modificar ou eliminar os contidos do Sitio web, así como o dereito a limitar ou impedir o acceso ao mesmo. Vueling poderá exercer tales dereitos en calquera momento e sen previo aviso.

4.
Contidos

4.1. Vueling comprométese a realizar os seus mellores esforzos para evitar calquera erro nos contidos que puidesen aparecer no Sitio web. En calquera caso, Vueling estará exento de calquera responsabilidade derivada de eventuais erros nos contidos que puidesen aparecer no Sitio web.

4.2. Vueling non asume ningunha responsabilidade polas discrepancias que puidesen existir entre os documentos impresos e a versión electrónica publicada no Sitio web. En caso de discrepancia entre a versión impresa e a publicada no Sitio web, prevalecerá a versión impresa.

4.3. Vueling non se responsabiliza en ningún modo de aqueles contidos, actividades comerciais, produtos e servizos incluídos que puidesen visualizarse mediante enlaces electrónicos (links), directa ou indirectamente, a través do Sitio web. A presenza de links no Sitio web, agás manifestación expresa do contrario, ten unha finalidade meramente informativa e en ningún caso supón suxestión, invitación ou recomendación sobre os mesmos. Estes enlaces non representan ningún tipo de relación entre Vueling e os particulares ou empresas titulares dos sitios web aos que se poida acceder mediante estes enlaces. Vueling resérvase o dereito a retirar, de modo unilateral e en calquera momento, os links que aparecen no Sitio web.

5.
Navegación, acceso e seguridade

5.1. Vueling realiza os seus mellores esforzos para que a navegación se realice nas mellores condicións.

5.2. Este Sitio web deseñouse para utilizarse co navegador Internet Explorer. Neste contexto, Vueling non se fai responsable dos prexuízos de calquera índole que puidesen sufrir os usuarios pola utilización doutros navegadores ou versións distintas dos navegadores para os que se deseñou o Sitio web.

5.3. Vueling non asume ningunha responsabilidade nin garante que o acceso ao Sitio web sexa ininterrompido ou que estea libre de erros. Vueling tampouco asume ningunha responsabilidade nin garante que o contido ou software ao que se poida acceder a través do Sitio web estea libre de erros e non poida causar danos ao equipo informático desde o que acceda o usuario. Vueling non será responsable en ningún caso das perdas, danos ou prexuízos de calquera tipo que xurdan pola utilización do Sitio web e a navegación polo mesmo, incluíndo, sen limitacións, os danos ocasionados aos sistemas informáticos ou os provocados pola introdución de virus. En particular, Vueling non se fai responsable de ningunha maneira das caídas, interrupcións, falta ou defecto das telecomunicacións que puidesen ocorrer no transcurso de operacións de natureza financeira nin de aqueles danos e prexuízos que puidesen xerarse en tales casos.

5.4. Vueling non se fai responsable dos danos que puidesen sufrir os usuarios por un uso inadecuado do Sitio web.

5.5. Os servizos ofertados no Sitio web só se poden utilizar correctamente se se cumpren as especificacións técnicas para as que se deseñaron.

6.
Protección de datos

6.1. Sen prexuízo dos datos de carácter persoal que poida facilitar o usuario de conformidade coas condicións xerais do contrato de transporte aéreo de pasaxeiros e equipaxe, Vueling obtén e conserva unicamente a seguinte información acerca dos usuarios do sitio web: (a) o nome do dominio do provedor (PSI) que lles da acceso á rede; (b) a data e hora de acceso ao sitio web; (c) o enderezo de Internet do que prové o enlace que dirixe ao noso sitio web e (d) o número de visitantes diarios de cada sección. A información obtida é totalmente anónima e en ningún caso pode asociarse a un usuario concreto e identificado.

6.2. Vueling sérvese do uso de cookies cando o usuario navega polo sitio web. Os cookies son arquivos de datos de capacidade moi limitada que se xeran no ordenador do usuario e permiten obter a seguinte información: (a) a data e hora da última vez que o usuario visitou o sitio web; (b) o deseño de contidos que o usuario escolleu na súa primeira visita ao sitio web; (c) os datos de contacto que o usuario puidese introducir en visitas anteriores; e (d) os elementos de seguridade que interveñen no control de acceso ás áreas restrinxidas. O usuario ten a opción de impedir a xeración de cookies mediante a selección da correspondente opción no seu navegador.

6.3. En relación cos datos solicitados no procedemento de contratación de produtos por parte dos usuarios, Vueling é titular da base de datos xerada cos datos de carácter persoal subministrados polos usuarios. Vueling comprométese a cumprir a súa obriga de segredo dos datos de carácter persoal e o seu deber de tratalos con confidencialidade e adoptará, para estes efectos, as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta en todo momento o estado da tecnoloxía de conformidade co previsto na lexislación en materia de protección de datos de carácter persoal que sexa aplicable en España en cada momento. O usuario acepta que os datos persoais achegados no momento de solicitar a prestación de calquera dos nosos servizos se incorporen a un arquivo automatizado, a titularidade do cal corresponde a Vueling, coa finalidade de prestar o servizo solicitado e, en especial, coa finalidade de: (i) reservar unha praza para permitirlle ao Transportista confirmar esta reserva; (ii) subministrar e desenvolver servizos e prestacións relacionadas coa comercialización directa; (iii) facilitar o proceso de inmigración e ingreso; (iv) cumprir os requisitos relativos á contabilidade, facturación e auditoría do Transportista; (v) verificar tarxetas de crédito e outros tipos de tarxetas de pagamento; (vi) cumprir os requisitos de seguridade, administración e xurídicos do Transportista; e (vii) verificar, manter e desenvolver sistemas e análises estatísticos, así como de darlle a coñecer ao usuario, mesmo mediante medios electrónicos, calquera información e publicidade que puidese resultar do seu interese sobre outros produtos, servizos, promocións, novidades e demais información de Vueling que esta poida considerar do seu interese. Especificamente, no caso das newsletters que se remitirán, estas incluirán produtos ofrecidos por Vueling e operados pola propia compañía ou por entidades colaboradoras. No caso de que non desexe recibir comunicacións comerciais por medios electrónicos pode dirixirse en calquera momento a Vueling a través do seguinte enderezo de correo electrónico lopd@vueling.com. O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados e responsabilizarase de comunicarlle a Vueling calquera modificación nestes. Vueling resérvase o dereito de excluír dos servizos rexistrados a calquera usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito. Finalmente, infórmase ao usuario de que para exercitar os dereitos de acceso, modificación, oposición e cancelación poderá dirixir a Vueling unha petición por escrito ao enderezo postal Vueling Airlines, S.A. (Departamento Legal), Parque Empresarial Mas Blau II, Praza Pla de l’Estany n.º 5, 08820 O Prat de Llobregat (Barcelona).

6.4. ADVERTENCIA SOBRE OPERACIÓNS EFECTUADAS NA VENTÁ DE WWTE NA RESERVA DE HOTEIS: O usuario que consulte a páxina web de Travelscape. com, Inc. dba WWTE (en diante «WWTE»), —convenientemente identificada polo enderezo URL da páxina web, aínda que no encabezamento apareza o logotipo de Vueling—, se rexistre nela, reserve ou pague hoteis ou calquera outro produto, debe saber que NON SE ATOPA NA WEB DE VUELING, senón que entrou na de WWTE, a pesar de que o medio visual sexa moi similar ou case idéntico ao da web de Vueling. Ao entrar na web de WWTE, o usuario ESTÁ EN CONTACTO DIRECTO CON Travelscape.com, Inc. dba WWTE e realizará a súa consulta, rexistro, reserva, pagamento, etc., directamente con WWTE, a quen entregará os seus datos persoais para a execución da ou das operacións antes mencionadas, ou prestación dos servizos que no seu caso contrate, rexéndose unicamente pola súa política de privacidade. O usuario debe ter en conta que WWTE é unha empresa estadounidense e que polo tanto non está suxeita á normativa española nin europea de privacidade de datos persoais.

Ademais, o usuario que consulte o sitio web de WWTE, se rexistre, reserve ou pague cuartos de hoteis ou calquera outro produto a través deste, pode consentir en que os seus datos se transfiran posteriormente a Vueling, co que entraría a formar parte da base de datos de usuarios ou de usuarios rexistrados da empresa con fins comerciais e publicitarios, aceptando a recepción de e-mails informativos e ofertas. Nese caso, o usuario quedará inscrito nun arquivo responsabilidade de Vueling que se rexe pola política de privacidade desta empresa.

7.
Información sobre aspectos técnicos

Vueling non será responsable de posibles danos ou prexuízos que se puidesen derivar de interferencias, omisións, interrupcións, virus informáticos, avarías telefónicas ou desconexións no funcionamento operativo deste sistema electrónico que se produzan por causas alleas a Vueling; de atrasos ou bloqueos no uso do presente sistema electrónico causados por deficiencias ou sobrecargas no seu Centro de Procesos de Datos, de liñas telefónicas, no sistema de Internet ou noutros sistemas electrónicos; nin tampouco de danos que poidan causar terceiras persoas mediante intromisións ilexítimas fóra do control de Vueling. Así mesmo, Vueling non será responsable de calquera dano ou prexuízo que puidese sufrir o usuario como consecuencia de erros, defectos ou omisións na información facilitada por Vueling sempre que proceda de fontes alleas. Tampouco será responsable do uso inadecuado do servizo como consecuencia de labores de mantemento, dunha defectuosa configuración do equipo informático do usuario ou da insuficiente capacidade para o seu uso cos sistemas informáticos necesarios para a utilización dos servizos ofrecidos.

8.
Propiedade intelectual e industrial

Determinados contidos aos que o usuario pode acceder a través do Sitio web están suxeitos a dereitos de propiedade industrial e intelectual titularidade de Vueling ou de terceiros titulares destes dereitos. O acceso a estes contidos ou elementos a través do Sitio web non lle outorga ao usuario o dereito de alteración, modificación, explotación ou reprodución, distribución, comunicación pública ou calquera outro dereito que lle corresponda ao titular do dereito afectado. O usuario comprométese a utilizar os contidos e/ou elementos aos que acceda a través do Sitio web para o seu propio uso e necesidades, e a non realizar en ningún caso unha explotación comercial, directa ou indirecta, dos mesmos.

9.
Retirada e suspensión dos servizos

Vueling poderá retirar ou suspender, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, a prestación de servizos a aqueles usuarios que incumpran o establecido nas presentes condicións de uso.

10.
Duración e terminación

A prestación dos servizos e información incluídos no Sitio web teñen, en principio, unha duración indefinida. Vueling poderá dar por rematada ou suspender a prestación do servizo e/ou calquera outro elemento do Sitio web en calquera momento. Cando isto sexa razoablemente posible, advertirase aos usuarios previamente da terminación ou suspensión da prestación dos diversos servizos.

11.
Lexislación aplicable

Todas as cuestións que se susciten entre Vueling e o usuario relativas á interpretación, cumprimento e validez das Condicións xerais rexeranse polas súas propias cláusulas e, no que en elas non estivese previsto, de acordo coa lexislación española. As partes sométense expresamente á xurisdición dos xulgados e tribunais da cidade de Barcelona.

Seleccionaches unha data de ida que é posterior á data de regreso.
Antes de continuar debes seleccionar o número de pasaxeiros que van viaxar.