Condicións de transporte
Condicións xerais do contrato de transporte aéreo de pasaxeiros e equipaxe.
-
1.Definicións
-
2.Obxecto e normativa aplicable
-
3.Billete
-
4.Prezos
-
5.Descontos especiais para residentes e familias numerosas
-
6.Reservas e prazas
-
7.Horarios e enlaces, atrasos, desvíos, substitución e cancelación de voos e pasaxeiros non admitidos a embarque
-
8.Equipaxe
-
9.Tarifas Optima e Excellence
-
10.Facturación e formalidades administrativas
-
11.Dereito do Transportista a denegar o transporte aos pasaxeiros e restricións ao transporte
-
12.Conduta a bordo da aeronave
-
13.Responsabilidade por danos humanos e materiais
-
14.Protección de datos de carácter persoal
-
15.Responsabilidade por atrasos
-
16.Servizos adicionais propios e alleos
-
17.Disposicións xerais
-
18.Competencia xudicial
- "Billete" significa o número de localizador e, no seu caso, talón de equipaxe, emitido polo Transportista ou no seu nome, que lle dá dereito ao seu titular ou ao pasaxeiro a viaxar ao destino indicado neste, baixo os termos e condicións contidos nel e nestas Condicións xerais de transporte.
- "Billete de conexión" refírese a un Billete formado por dous ou máis segmentos. Un Billete de conexión está emitido en conexión directa con outro Billete, e ambos os Billetes xuntos constitúen un único contrato de transporte de carácter opcional e suxeito ao correspondente cargo de servizo optativo.
- "Segmento" traxecto comprendido entre unha engalaxe e unha aterraxe consecutiva.
- "Condicións xerais de transporte" ou "Condicións" significa as condicións xerais do contrato de transporte aéreo de pasaxeiros e equipaxe.
- "Convenio de Montreal" significa o convenio para a unificación de certas regras relativas ao Transporte Aéreo Internacional asinado en Montreal o 28 de maio de 1999.
- "Escala Acordada" son aqueles lugares previstos dentro do itinerario do pasaxeiro e distintos dos de orixe e dos de destino sinalados no Billete ou que se indican nos horarios como lugares de escala programados na ruta.
- "Pasaxeiro": calquera persoa posuidora dun Billete ou Billete de conexión, agás os membros da tripulación operativa.
- "Voos punto a punto" refírese a un voo formado por un único segmento, é dicir, que non ten ningunha escala programada na ruta.
- "Regulamento 261/2004" significa o Regulamento (CE) 261/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de febreiro de 2004, polo que se establecen normas comúns sobre compensación e asistencia aos pasaxeiros aéreos en caso de denegación de embarque e de cancelación ou gran atraso dos voos.
- "Regulamento 2027/97" significa o Regulamento (CE) 2027/97 do Consello, do 9 de outubro de 1997, relativo á responsabilidade das compañías aéreas respecto ao transporte aéreo dos pasaxeiros e á súa equipaxe, protocolizado polo Regulamento (CE) 889/2002 do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de maio de 2002.
- "Transportista" ou "Vueling" significa Vueling Airlines, S.A., sociedade con domicilio no Prat de Llobregat (Barcelona), Parque de Negocios Mas Blau II, Pla de l'Estany, 5 e con NIF A-63422141, con licenza de operador número 060.
- "Regulamento (CE) 820/2008" significa o Regulamento (CE) 820/2008, da Comisión, do 8 de agosto de 2008, relativo a determinadas normas de equipaxes de man.
- O obxecto das presentes Condicións xerais de transporte é regular os termos e condicións nos que VUELING transportará o pasaxeiro e a súa equipaxe ao destino especificado no Billete ou Billete de conexión e prestará, no seu caso, outros servizos relacionados con este transporte aéreo.
- Todo transporte realizado e demais servizos prestados polo Transportista estarán sometidos á seguinte normativa (a «normativa aplicable»): (i) as disposicións que figuran nestas Condicións xerais de transporte; (ii) as condicións particulares e especiais que, no seu caso, resulten aplicables a un grupo de Pasaxeiros o a un ou varios deles de maneira individualizada, respectivamente; e (iii) a normativa que resulte aplicable en cada momento. As Condicións xerais están a disposición do Pasaxeiro no sitio web do Transportista (www.vueling.com), e poderá obterse unha copia destas na sede social de VUELING.
- Ningunha destas Condicións de transporte anulará calquera dereito indispoñible que lle recoñeza ao Pasaxeiro a lexislación que sexa de aplicación.
- Se o Pasaxeiro mercou o seu Billete ou Billete de conexión coa axuda ou a través dun terceiro, será este o encargado tanto de entregarlle ao Pasaxeiro unha copia das presentes Condicións xerais como de notificarlle ao Pasaxeiro as eventualidades que lle ocorran ao seu voo, agás -neste último caso- que o enderezo de correo electrónico que constase na reserva fose o do propio Pasaxeiro. VUELING non responderá en ningún caso das consecuencias que teña para o Pasaxeiro a non asunción por parte do terceiro a través de quen efectuou a reserva das obrigas expresadas neste parágrafo.
-
3.1Disposicións xerais
O Billete utilizarase exclusivamente para o voo indicado neste e pola persoa que figura como Pasaxeiro. O Billete ou Billete de conexión será válido unicamente para o Pasaxeiro co nome e apelidos que figuren no Billete ou Billete de conexión e para o voo indicado neste. O Billete ou Billete de conexión é intransferible e non se pode allear a terceiros.
O Billete ou Billete de Conexión incluirá, ademais dos datos identificativos do pasaxeiro e do voo, unha referencia destas Condicións Xerais de Transporte e calquera outra información que VUELING considere indispensable.
-
3.2Billete de conexión
O servizo de transporte contratado, de carácter opcional, inclúe o itinerario indicado no Billete de conexión, desde o lugar de saída, pasando polas escalas acordadas, ata o destino final e está suxeito ao correspondente cargo de servizo optativo.
O Billete de conexión perderá a súa validez se non se esgotan por completo todos os segmentos indicados no Billete de conexión.
A posibilidade de cancelar, por parte do Pasaxeiro, un ou varios segmentos queda totalmente excluída.
-
4.1Xeral
O prezo do Billete ou Billete de conexión inclúe unicamente o transporte desde o aeroporto de saída ata o aeroporto de destino, pasando polas escalas acordadas no suposto de Billete de conexión. O prezo do Billete ou Billete de conexión non inclúe o servizo de transporte terrestre entre aeroportos, nin entre os aeroportos e/ou as terminais da cidade de destino.
Os prezos dos Billetes ou Billetes de conexión de VUELING son dinámicos, e dependen da canle de comercialización.
-
4.2Impostos e taxas
- VUELING inclúe sempre nos seus prezos o IVE, os suplementos de combustible –no seu caso- e as taxas que estableza cada autoridade aeroportuaria. Outros cargos por servizos optativos advertiranse expresamente e, antes de efectuarse o pagamento, o Pasaxeiro deberá aceptalos. As taxas están suxeitas a decisións alleas ao Transportista, polo que se se reducisen ou aumentasen con posterioridade á realización da reserva, pero antes de voar o Pasaxeiro, este terá o dereito e a obriga -respectivamente- de asumir tales modificacións, de maneira que o Pasaxeiro autorizará a VUELING de forma expresa para cargar o incremento ou aboar a diferenza na mesma tarxeta a través da que se realizou o pagamento do Billete ou Billete de conexión se este fose o medio de pagamento. VUELING poderá cancelar as reservas daqueles Pasaxeiros que non pagasen con tarxeta de crédito a reserva e que se lles notificase o incremento dunha taxa e non procedesen a efectuar o pagamento da diferenza antes de voar.
-
4.3Non utilización do billete
- Agás o estipulado nestas Condicións, a non utilización por parte do Pasaxeiro do Billete ou Billete de conexión no momento que corresponda, en todo ou en parte, non xerará ningún tipo de obriga para o Transportista de devolución ou reembolso do prezo do Billete ou Billete de conexión, no que se inclúe o suplemento de combustible, cargo de xestión, impostos ou calquera outro importe pagado polo Pasaxeiro polo voo contratado. Exceptúase do anterior o reembolso do importe pagado polo Pasaxeiro en concepto de Taxa de aeroporto e Taxa de seguridade cando o Pasaxeiro o solicitase e tras descontar do importe a devolver a cantidade de 15 € por reserva, en concepto de gastos de xestión.
-
4.4Circunstancias excepcionais
Sen prexuízo do disposto nos apartados relativos á non devolución do prezo e o custo por cambio de voos, VUELING aplica un réxime especial nos seguintes supostos, sempre que concorran as condicións que se sinalan neste apartado:
A) Intervención cirúrxica:
No caso de que o Pasaxeiro, o seu cónxuxe, fillo, pai ou nai teñan que sufrir unha intervención cirúrxica obrigatoria na data do voo, poderá solicitarse de balde un cambio de data deste, pero en ningún caso poderá solicitarse a devolución do importe do Billete ou Billete de conexión. Non obstante o anterior, en caso de que houbese unha diferenza de tarifa na nova asignación de voos con respecto á orixinal, deberá aboarse.
Establécese un período máximo de 6 meses desde a data de compra do Billete ou Billete de conexión para realizar os novos traxectos asignados. É dicir, terase que voar antes de que transcorran 6 meses desde a data de compra do Billete ou Billete de conexión.
B) Defunción:
En caso de defunción do Pasaxeiro, os seus familiares poden solicitar o reembolso do Billete ou Billete de conexión. No suposto de que a persoa falecida non fose o propio Pasaxeiro, senón o cónxuxe, pai, nai ou fillo do Pasaxeiro, poderá solicitarse o cambio de datas sen custo adicional, agás a diferenza de tarifas no seu caso. Establécese un período máximo de 6 meses desde a data de compra do Billete ou Billete de conexión para realizar os novos traxectos asignados. É dicir, terase que voar antes de que transcorran 6 meses desde a data de compra do Billete ou Billete de conexión.
C) Disposicións comúns:
Para acreditar a intervención ou o falecemento, SÓ SE ACEPTARÁN CERTIFICADOS médicos ou de defunción, respectivamente, que se deberán presentar no prazo de 7 días hábiles, a contar desde o mesmo día no que se produce a continxencia. Non se terán en consideración as peticións recibidas fóra de prazo, agás forza maior. En todo caso, deberá avisarse telefonicamente a VUELING antes da saída do voo afectado.
A aceptación ou non destes documentos quedará sempre supeditada á valoración de VUELING.
-
4.5Billetes gratuítos
Os Pasaxeiros que viaxen con billetes gratuítos non gozarán dos dereitos previstos para o resto de Pasaxeiros no Regulamento 261/2004, do 11 de febreiro de 2004, respecto de cancelación e atrasos de voos ou sobrevenda de billetes. Así mesmo, deberán poder acreditar en todo momento o motivo da gratuidade do seu Billete.
-
4.6Facturación
VUELING expedirá factura aos Pasaxeiros que así o soliciten expresamente mediante internet ou por teléfono.
-
4.7Outros
Ao pagar coa tarxeta Visa Vueling non se cobran cargos adicionais por transacción. En caso de que o pagamento se realice con calquera outro tipo de tarxeta ou medio de pagamento, cobrarase un cargo suplementario, que VUELING advertirá antes de finalizar o proceso de reserva. VUELING non responde dos cargos adicionais que poida realizar a entidade que lle facilite ao Pasaxeiro o medio de pagamento en concreto pola utilización deste.
O prezo do Billete ou Billete de conexión, os impostos, os dereitos, as taxas e os demais cargos adicionais pagaranse en Euros. Non obstante, se VUELING aceptase outras divisas de pagamento, estará lexitimada para fixar o cambio de divisas sempre que teña en conta o prezo da divisa nos mercados internacionais e -no seu caso- outros criterios obxectivos adicionais, como os gastos de xestión.
- Se o pasaxeiro é familia numerosa, reside nas Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla, as illas Baleares ou as illas Canarias (incluídos os cidadáns nacionais de terceiros países que sexan residentes de longa duración) ou é cidadán nacional de terceiros países e familiar de residentes que xa tivesen dereito a esta subvención, gozará dunhas tarifas especiais e subvencionadas sobre a tarifa ordinaria (sen incluír promocións especiais).
- En cumprimento do previsto no RD 1316/2001, do 3 de novembro (e as súas sucesivas modificacións) e a Disposición Adicional Décimo terceira da Lei de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2013, o Pasaxeiro residente en Baleares, Canarias, Ceuta ou Melilla, terá dereito a unha redución do 50% nas tarifas no caso de voos directos entre esas Comunidades ou Cidades Autónomas –respectivamente- e o territorio peninsular. No caso de pasaxeiros residentes en Ceuta, gozarán de idéntico desconto nos voos con orixe ou destino nos aeroportos de Sevilla, Málaga ou Xerez.
- A deducción non incluirá as cantidades que o Pasaxeiro teña que pagar por conceptos diferentes ao Billete ou Billete de conexión e a facturación dun vulto de equipaxe de ata 23 kg, tales como cantidades derivadas do pagamento con tarxetas de crédito, excesos de equipaxe, selección de asento ou calquera outro concepto. Tampouco se lle aplicará aos impostos, as taxas de utilización de infraestruturas e seguridade aeroportuaria, pero si ao suplemento de combustible.
- No momento da reserva, o pasaxeiro deberá notificar a súa condición de residente (ou de familiar de residente con dereito a esta subvención) para poder aplicar o desconto. O pasaxeiro deberá acreditar no mostrador de facturación a súa condición de residente (ou de familiar de residente con dereito a esta subvención) mediante a presentación do certificado de empadroamento emitido polo concello e para residentes de terceiros países, o permiso de residencia correspondente en vigor ou a credencial das correspondentes Cámaras nas que conste a circunscrición do Deputado ou Senador electo. O documento nacional de identidade ou pasaporte servirá para acreditar a identidade, pero non a residencia, quedando VUELING lexitimada para facer copias simples da citada documentación. VUELING non permitirá o embarque do Pasaxeiro no caso de que advirta calquera deficiencia nesta ou na identidade do Pasaxeiro. A non acreditación da condición de residente supón que o Pasaxeiro pague a diferenza de importe entre o prezo aboado inicialmente e o que tería que pagar sen a bonificación ou –no seu defecto- que non poida embarcar no avión e non lle sexa devolto o importe do Billete ou Billete de Conexión.
- Respecto dos Pasaxeiros que desexasen facer uso da posibilidade de cambio de Billete ou Billete de conexión (prevista nestas Condicións xerais): (i) en caso de que cambiasen un voo a/desde un destino non bonificado a un que si o estea, terase en conta a súa condición de residentes para o novo tramo bonificado; (ii) en caso de que cambiasen un voo bonificado por un para un traxecto que non o estea, deberán pagar o importe íntegro do novo voo, sen bonificación. Estes cambios poderán realizarse exclusivamente a través do Call Center, e poden levar aparellados un custo adicional de xestión.
- Con carácter xeral, VUELING realiza Voos punto a punto, sen escalas. No caso de Voos punto a punto, a bonificación aplicarase unicamente a aqueles voos que teñan a súa orixe nos arquipélagos, Ceuta e Melilla, e o seu destino no resto do territorio nacional, e viceversa. Exceptúase o caso dos residentes en Ceuta, de conformidade co previsto no parágrafo segundo deste punto.
- En ningún caso se lles aplicará o desconto de residentes aos Pasaxeiros que o reclamasen despois de facer a reserva.
- No caso de Billetes de conexión, a bonificación aplicarase a aqueles Segmentos que teñan a súa orixe nos arquipélagos, Ceuta e Melilla e o seu destino no resto do territorio nacional, e viceversa. Así mesmo, no caso de Billetes de conexión, a bonificación unicamente se aplicará se a escala non supera as doce horas de duración.
- A bonificación non se aplicará a aqueles Segmentos con orixe ou destino distintos dos espeficificados no parágrafo anterior.
- En cumprimento do previsto na Orde FOM 3837/2006, do 28 de novembro, en desenvolvemento da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas e lexislación complementaria, os Pasaxeiros que pretendan acceder a este desconto en voos nacionais deberán presentar antes do embarque o orixinal ou unha copia compulsada do certificado de membro de familia numerosa que os acredita como tales ou este certificado, expedidos pola súa Comunidade Autónoma. A non acreditación supón que o Pasaxeiro pague a diferenza de importe entre o prezo aboado inicialmente e o que tería que pagar sen a bonificación ou -no seu defecto- que non poida embarcar no avión e non se lle devolva o importe do Billete.
- No caso de Billetes de conexión, a bonificación por familia numerosa unicamente se aplicará a aqueles Segmentos con orixe e destino dentro do territorio nacional.
- En ningún caso se lles aplicará o desconto de familia numerosa aos Pasaxeiros que o reclamasen despois de facer a reserva.
- Os membros de familias numerosas que ademais pretendan acollerse ao desconto por residente deberán facelo constar –igualmente- no momento da súa reserva.
-
6.1Requisitos para a reserva
A reserva de praza para un voo queda confirmada cando o Transportista emita o Billete ou Billete de conexión, e non é necesaria a confirmación ulterior da praza.
-
6.2Cambios na reserva
- As tarifas Basic e Optima de VUELING non inclúen de xeito predeterminado a posibilidade de cambiar a reserva. Sen prexuízo do anterior, nas tarifas Basic e Optima de VUELING a data e hora poderanse cambiar (suxeito á dispoñibilidade de prazas), pagando un cargo por pasaxeiro e voo máis, no seu caso, a cantidade resultante da diferenza entre o prezo do Billete ou Billete de Conexión orixinal e o prezo do novo Billete (engadindo en todo caso os correspondentes tributos e taxas). Os cambios na reserva a través da Web deberán realizarse cunha antelación de polo menos 24 horas con respecto ao inicio do voo e dúas horas antes se se realizan a través do Call Center. O cambio de pasaxeiro só pode ser solicitado a través do Call Center. O Billete ou Billete de Conexión que inclúa distintos traxectos deberá ter o mesmo titular para todos eles. Non se poderá cambiar o titular do Billete ou Billete de Conexión se se completou calquera traxecto incluído nel. Os Billetes expedidos por outras canles de venda ou conforme a outras tarifas poden ter condicións diferentes de cambio.
- Todo o indicado con anterioridade poderá resultar de aplicación a segmentos que formen parte do Billete de conexión.
- A tarifa Excellence inclúe a posibilidade de realizar cambios de horario, sempre que haxa prazas dispoñibles, e pagando a diferenza de prezo entre o billete comprado e o prezo do billete no momento do cambio. Para máis información, véxase a cláusula 9.2
- Coa tarifa Optima o pasaxeiro poderá adiantar gratuitamente o seu voo por outro que saia o mesmo día, sempre que haxa prazas dispoñibles. Para máis información, véxase a cláusula 9.1
-
6.3Pagamento
- O prezo do Billete ou Billete de conexión deberá satisfacerse integramente no momento de confirmar a reserva. En caso de non verificarse este pagamento, entenderase que non se celebrou o contrato de transporte e as presentes Condicións non serán de aplicación.
-
6.4Reserva e/ou Cambio de asento
Con excepción da tarifa Basic, na que o asento non está incluído de xeito predeterminado, o pasaxeiro poderá elixir o seu asento durante o proceso de reserva a través de Internet. Para iso, deberá aboar o cargo extra correspondente. No suposto en que o pasaxeiro optase por non elixir o seu asento, Vueling procederá a asignarllo automaticamente, segundo dispoñibilidade e sen ningún cargo para o pasaxeiro.
Se o pasaxeiro desexa posteriormente cambiar un asento previamente reservado, Vueling asignará un novo asento segundo dispoñibilidade ou elección, pero en ningún caso reembolsará o cargo extra aboado polo primeiro asento.
As tripulacións de voo ou de cabina están autorizadas para modificar a situación dos Pasaxeiros nos asentos, sempre que sexa preciso para a seguridade do voo. Isto pode aplicarse especialmente no caso dos asentos situados a carón das saídas de urxencia, onde non poderán sentarse Pasaxeiros especialmente grosos que precisen unha extensión do cinto de seguridade, mulleres embarazadas, pasaxeiros con nenos pequenos ou con discapacidades funcionais ou –en xeral - todos aqueles que, no caso de producirse un accidente, non poidan prestar ao persoal de voo a axuda á que están abrigados segundo a normativa aeronáutica internacional aplicable aos Pasaxeiros situados nos devanditos asentos.
Se VUELING acomoda ao Pasaxeiro por motivos diferentes aos previstos no parágrafo anterior nunha praza de inferior categoría, en sete días reembolsará ata o 75% do importe da diferenza de prezo, dependendo da distancia do voo, conforme ao Regulamento (CE) 261/2004.
-
6.5Pasaxeiros con mobilidade reducida
En aeroportos da CE, é responsabilidade de cada aeroporto prestar o servizo de asistencia a pasaxeiros con discapacidade ou mobilidade reducida. Vueling, sempre que o pasaxeiro o comunique ao menos 48 horas antes de voar, encargarase de transmitir a petición do servizo de asistencia á empresa xestora do servizo. Unha vez no aeroporto, o Pasaxeiro deberá dirixirse a un dos puntos de encontro previstos no aeroporto para isto e solicitar alí a asistencia. Recoméndase consultar o mapa do aeroporto para localizar o punto de encontro máis próximo.
Nos aeroportos de fóra da CE, Vueling facilitará –nos termos e coas condicións legalmente previstos- a asistencia aos pasaxeiros con discapacidade ou mobilidade reducida que o pedisen, ao menos, 24 horas antes do voo.
Vueling prestaralles, sen cargo adicional, a asistencia indicada no Anexo II do Regulamento (CE) 1107/2006, do 5 de xullo, aos Pasaxeiros con mobilidade reducida que indicasen a necesidade de asistencia especial cunha anterioridade, ao menos, de 48 horas con respecto á hora de saída e que saian de, cheguen a ou transiten por un aeroporto incluído no traxecto especificado nun Billete ou nun Billete de conexión.
-
7.1Enlaces
En caso de que o Pasaxeiro compre dous ou máis Voos punto a punto, é responsabilidade do propio Pasaxeiro deixar o tempo suficiente para poder recoller a equipaxe do primeiro voo –no seu caso-, volver facturala, pasar o control de seguridade e pasaportes e chegar ata a porta de embarque do segundo voo e/ou seguinte voo. O disposto con anterioridade non resultará de aplicación para os Billetes de conexión.
-
7.2Atrasos, Cancelacións e Sobrevenda de billetes
- No caso de que o Pasaxeiro se vese afectado por calquera destas eventualidades, aplicaráselle a normativa nesta materia, constituída polo Regulamento 261/2004, do 11 de febreiro de 2004, que se resume a continuación:
-
7.2.1Indemnizacións por cancelación ou sobrevenda de Billetes ou Billetes de conexión
- Agás nos supostos producidos como consecuencia de condicións meteorolóxicas adversas, guerra, actos de terrorismo, caso fortuíto, altercados, manifestacións e calquera outra cuestión de orde pública, problemas técnicos que afecten a aeronave, atrasos e fallos no control do tráfico aéreo, incendios, inundacións, movementos de terra, terremotos, desastres naturais, epidemias e outras restricións provocadas por unha declaración de corentena, actos derivados dunha autoridade competente, folgas e demais problemas de orde laboral, fallos nas subministracións de provedores ou dos subcontratistas e calquera outra circunstancia extraordinaria que non se podería evitar, mesmo se se tomasen as medidas razoables, os pasaxeiros terán dereito ás seguintes compensacións en caso de cancelación ou sobrevenda de Billetes ou Billetes de conexión:
- Ata 250 euros para voos de ata 1.500 km;
- Ata 400 euros para todos os voos intracomunitarios de máis de 1.500 km e para todos os demais voos de entre 1.500 e 3.500 km;
- Ata 600 euros para todos os voos non comprendidos nos supostos anteriores.
- VUELING poderá reducir nun 50% a compensación indicada, se lles ofrece aos pasaxeiros a posibilidade de conducilos ata o destino final nun transporte alternativo cunha diferenza na hora de chegada respecto á prevista para o voo inicialmente reservado: (i) que non sexa superior a dúas horas, para todos os voos de ata 1.500 km, (ii) que non sexa superior a tres horas, para todos os voos intracomunitarios de máis de 1.500 km e para todos os demais voos de entre 1.500 e 3.500 km, ou (iii) que non sexa superior a catro horas para todos os voos non comprendidos nos puntos anteriores.
- VUELING quedará eximida de calquera tipo de compensación se cancelou o seu voo con, ao menos, 15 días de preaviso.
-
7.2.2Indemnizacións por atraso
- En caso de atraso, e de conformidade coas condicións legais, os Pasaxeiros terán dereito ás compensacións previstas no Regulamento 261/2004, do 11 de febreiro de 2004.
-
7.2.3Medidas de reembolso e transporte alternativo
- VUELING, nos casos de cancelación e denegación de embarque, ofreceralles aos pasaxeiros as seguintes opcións:
-
- o reembolso nun prazo de sete días do custo íntegro do Billete ou Billete de conexión ao prezo ao que se comprou, correspondente á parte ou partes da viaxe non efectuadas e á parte ou partes da viaxe efectuadas, se o voo xa non ten razón de ser en relación co plan de viaxe inicial do Pasaxeiro. Así mesmo, no seu caso, ofrecerase un voo de volta ao primeiro punto de partida o antes posible; ou
- a condución ata o destino final, en condicións de transporte comparables, o máis rapidamente posible; ou
- a condución ata o destino final, en condicións de transporte comparables, nunha data posterior que lle conveña ao pasaxeiro, en función dos asentos dispoñibles.
- o reembolso nun prazo de sete días do custo íntegro do Billete ou Billete de conexión ao prezo ao que se comprou, correspondente á parte ou partes da viaxe non efectuadas e á parte ou partes da viaxe efectuadas, se o voo xa non ten razón de ser en relación co plan de viaxe inicial do Pasaxeiro. Así mesmo, no seu caso, ofrecerase un voo de volta ao primeiro punto de partida o antes posible; ou
No caso das cidades ou rexións nas que existan varios aeroportos, se o Transportista ofrece un voo a outro aeroporto distinto de aquel para o que efectuou a reserva, correrá cos gastos de transporte do pasaxeiro, ben ata o aeroporto para o que efectuou a reserva, ben ata outro lugar veciño acordado co pasaxeiro.
Así mesmo, en caso de atraso, cando este supere as 5 horas, o Pasaxeiro poderá optar, no prazo de 7 días, por un reembolso dos traxectos pendentes de utilización e dos realizados (se a viaxe xa non ten razón de ser), así como o transporte ata o primeiro punto de partida.
VUELING, no caso de provocar a perda dun voo de conexión, realizará todas as xestións posibles para asegurar a chegada do Pasaxeiro ao destino final ou, no seu caso, ofreceralle ao Pasaxeiro o reembolso do importe aboado.
VUELING non se fai responsable de que o Pasaxeiro perda un voo de conexión por causas alleas ao Transportista.
-
7.2.4Medidas de atención
VUELING, en caso de cancelación, sobrevenda de billetes ou cando os atrasos superen os prazos do punto 7.2.1 en cada caso, ofreceralles aos pasaxeiros a seguinte asistencia: (i) comida e refrescos suficientes, en función do tempo que sexa necesario esperar, (ii) aloxamento nun hotel cando sexa necesario facer noite unha ou varias noites, (iii) transporte entre o aeroporto e o lugar de aloxamento, no suposto de que fose necesario prestar a asistencia do punto (ii) desta Condición, (iv) dúas chamadas telefónicas, télex, mensaxes de fax ou correos electrónicos, e (v) un impreso no que se indiquen as normas no relativo á compensación e asistencia, así como os datos do organismo nacional encargado do cumprimento do Regulamento 261/2004.
-
7.3Desvíos ou substitucións de voos
No caso que fose necesario desviar o voo ou substituír a aeronave, VUELING encargarase en por si ou mediante terceiros de facer chegar o Pasaxeiro ata o punto de destino onde se dirixía orixinalmente o voo. VUELING informará sempre da identidade da compañía operadora do voo.
-
8.1Xeral
O Pasaxeiro deberá colocar na súa equipaxe unha etiqueta identificativa con información verídica antes da súa facturación. Pola súa parte, VUELING asumirá a responsabilidade da equipaxe do Pasaxeiro desde ese momento. O Transportista entregaralle ao Pasaxeiro un talón de equipaxe, o cal acreditará que a facturación se produciu e que o Pasaxeiro debe conservalo ata a súa recollida.
-
8.2Restricións na equipaxe
- Está prohibido transportar como equipaxe:
-
- Artigos ou obxectos que, a xuízo do Transportista o do aeroporto, non se atopen debidamente embalados ou empaquetados.
- Artigos ou obxectos que, a xuízo do Transportista, poidan poñer en perigo á aeronave, á súa tripulación ou a outros Pasaxeiros. Neste sentido, consideraranse como perigosos aqueles bens ou obxectos definidos como tales polas normas da OACI e polas normas da IATA (ver sección 8.3).
- Artigos ou obxectos que estea prohibido o seu transporte polas leis dun país que sexa orixe, destino ou escala do transporte.
- Artigos ou obxectos que, a xuízo do Transportista, non sexa adecuado transportar debido ao seu peso, configuración ou tamaño.
- Artigos ou obxectos fráxiles e/ou perecedoiros, cartos en efectivo ou en valores negociables, valores mobiliarios, mostrarios, cámaras, videoxogos, xoias e obxectos de valor, pedras e metais preciosos, ordenadores, dispositivos electrónicos e documentos de identidade (pasaporte, DNI, etc.).
- Armas de fogo e municións, salvo as destinadas a fins deportivos e caza. As armas de fogo deportivas e de caza poderanse transportar como equipaxe facturada sempre que estean descargadas, co seguro posto e embaladas nunha maleta ríxida, de forma que non resulten danadas durante o voo. O pasaxeiro deberá comunicar o transporte de armas de fogo no momento da reserva e presentar o seu correspondente permiso. Será responsabilidade do pasaxeiro informarse acerca das restricións de cada país. Ademais da arma, o pasaxeiro poderá transportar un máximo de 5 kg de munición, que deberá embalar de forma axeitada, por separado da arma. Non se poderán transportar a arma e a munición no mesmo contedor. O transporte de municións está suxeito ás normas internacionais sobre transporte de artigos perigosos.
- Armas brancas de calquera clase e tamaño. O Transportista resérvase o dereito a permitir a facturación como equipaxe de armas brancas antigas (espadas, coitelos e dagas).
- Animais vivos, agás o disposto expresamente a tal efecto nestas Condicións.
- Artigos ou obxectos que, a xuízo do Transportista o do aeroporto, non se atopen debidamente embalados ou empaquetados.
-
8.3Artigos considerados como Mercancías Perigosas
- Por razóns de seguridade, non están permitidos os seguintes artigos na equipaxe do pasaxeiro::
- Explosivos, municións ou material pirotécnico. (Como dispositivos pirotécnicos, bengalas, fachos, pistolas de xoguete e fulminantes).
- Gases inflamables, non inflamables, non tóxicos, tóxicos ou velenosos. (Como botellas de gas butano ou propano).
- Líquidos inflamables (como recambios para chisqueiros, chisqueiros de puro de chama azul, gasolina, pinturas, disolventes ou bebidas alcohólicas cun contido de alcohol superior ao 70%).
- Sólidos inflamables (como mistos), sustancias con risco de combustión espontánea, sustancias que en contacto coa auga emiten gases inflamables.
- Sustancias oxidantes e peróxido orgánico. (Como lixivias).
- Sustancias tóxicas e infecciosas.
- Materiais radioactivos.
- Sustancias corrosivas (como o mercurio aloxado nos termómetros, ácidos, álcalis ou acumuladores eléctricos húmidos).
- Diversas mercancías perigosas (como materiais imantados, lámpadas de baixo consumo e artigos con motores de combustión interna).
-
8.4Dereito do Transportista a rexeitar a equipaxe
- O Transportista resérvase o dereito a non transportar calquera obxecto ou artigo enumerados no parágrafo anterior por razóns de seguridade ou operativas.
-
8.5Dereito do Transportista a inspeccionar a equipaxe
- Por motivos de seguridade, o Transportista ou as autoridades poderán en todo momento, desde que o Pasaxeiro lle entrega a equipaxe, rexistrar e/ou inspeccionar, cos dispositivos técnicos ou medios humanos adecuados, todo ou parte da equipaxe. Mediante a aceptación destas Condicións, o Pasaxeiro consente expresamente, e nos seus máis amplos termos, o rexistro e/ou inspección da súa equipaxe as veces que sexa necesario. O Transportista non será responsable dos danos ocasionados á equipaxe (como rotura de cadeados, precintos ou embalaxes) como consecuencia dos labores de rexistro e/ou inspección, agás que exista neglixencia pola súa parte.
- O Transportista estará facultado para denegarlle o embarque ao Pasaxeiro, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade, no suposto de que o Pasaxeiro se negue ao rexistro e/ou inspección da súa equipaxe, así como a entregarlle este ás autoridades locais.
-
8.6Peso da equipaxe por Pasaxeiro
Agás nas tarifas Optima e Excellence que inclúen, unha maleta de ata 23 kg. por pasaxeiro, cada pasaxeiro poderá facturar, mediante o pagamento dun suplemento variable en función das características singulares de cada voo, un vulto de equipaxe cun peso de ata 23 kg. Se se aboa unha cantidade adicional, poderá aumentarse o peso da maleta ata 32 kg. Só se permite un máximo de 50 kg de equipaxe en total por Pasaxeiro. Vueling poderá negarse a transportar a totalidade ou parte da equipaxe que exceda deste peso ou que non se aboase previamente.
Os bebés menores de dous anos poderán transportar sen cargo unha cadeira, cesta ou berce completamente pregadas.
-
8.7Equipaxe de man
Cada pasaxeiro poderá levar consigo estritamente unha peza de equipaxe de man cun peso máximo de 10 kg e cuxas dimensións en ningún caso excedan de 55x40x20 cm, agás na tarifa Excellence que permite levar unha equipaxe de man cun peso máximo de 14 kgs.
Ademais, pode levar sen cargo extra un só elemento adicional de dimensións substancialmente inferiores a 55x40x20 cm, como pode ser un maletín pequeno ou un bolso de muller ou unha cámara fotográfica ou de vídeo.
Na porta de embarque, a equipaxe de man que incumpra a normativa da compañía, é dicir, que exceda a cantidade, peso e ou medidas indicadas anteriormente, será retirado e cargado na bodega do avión, cun custo adicional.
O transportista resérvase o dereito a cancelar a reserva e negar o embarque a aqueles pasaxeiros que non cumpran os requisitos de equipaxe de man indicados anteriormente.
Todo isto agás que, por cuestións de seguridade locais vixentes no país de orixe ou destino, non se admitan no voo estes artigos, e sen prexuízo das normas que rexen para o transporte como equipaxe de man de determinados produtos.
Os obxectos que non cumpran os requisitos de tamaño previstos para a equipaxe de man (incluídos os instrumentos musicais e similares) non se poderán transportar no compartimento da cabina de pasaxeiros a non ser que o pasaxeiro pagase un Billete ou Billete de conexión adicional para transportalos.
Non se poderán transportar como equipaxe de man os seguintes obxectos:
-
- Armas de fogo e armas en xeral (entre as que se inclúen imitacións, pistolas de xoguete, pistolas grampadoras de uso industrial, béstas, acendedores con forma de arma de fogo ou arpóns e fusís de pesca).
- Armas e obxectos punzantes ou con arestas (entre os que se inclúen machados, dardos, picarañas e picos para xeo, patíns de xeo, navallas automáticas, coitelos con follas de máis de 6 cm de lonxitude, coitelas e navallas de afeitar abertas, bisturís, bastóns de esquí e excursionismo, trades, serras, desaparafusadores, alicates, martelos, chaves inglesas ou tesoiras con follas de máis de 6 cm de lonxitude).
- Instrumentos contundentes (tales como bates de béisbol, paus de golf, remos, monopatíns, tacos de billar, canas de pesca ou equipos de artes marciais).
- Substancias explosivas ou inflamables (tales como municións, denotadores, reproducións ou imitacións de explosivos, mistos, cartuchos xeradores de fume, nebulizadores de pintura, augarrás ou bebidas alcohólicas con graduación alcohólica superior ao 70%).
- Substancias químicas (por exemplo, branqueadores, bacterias, extintores ou nebulizadores neutralizadores ou incapacitantes).
- Armas de fogo e armas en xeral (entre as que se inclúen imitacións, pistolas de xoguete, pistolas grampadoras de uso industrial, béstas, acendedores con forma de arma de fogo ou arpóns e fusís de pesca).
De conformidade co previsto no Regulamento 820/2008, só poden transportarse como equipaxe de man envases con líquidos, xeles e produtos de consistencia similar (por exemplo, pasta de dentes, fixador, bebidas, sopas, perfume, escuma de afeitar, aerosois, locións, cremas de untar alimenticias, etc.) sempre que se transporten en envases que non excedan os 100 ml, os cales colocaranse dentro dunha bolsa transparente cunha capacidade máxima de 100 cc que poida pecharse completamente. Só se permitirá unha bolsa por Pasaxeiro.
Tamén se permitirán líquidos ou semisólidos (por exemplo, papas infantís) que deban consumirse a bordo por necesidades médicas ou por unha necesidade dietética especial, aínda que nestes casos pode que se lle esixa ao Pasaxeiro demostrar a súa autenticidade.
Permítese a entrada ao avión de líquidos comprados en:
- Tendas do aeroporto de saída do voo situadas unha vez pasado o control de seguridade.
- Tendas do aeroporto situadas unha vez pasado o control de billetes pero antes do control de seguridade, sempre neste caso que estean empaquetados nunha bolsa a proba de manipulacións e se ofreza acreditación de que a compra se adquiriu nese aeroporto e día concretos.
- En tendas doutros aeroportos ou aeronaves comunitarios, sempre que –neste caso- os líquidos estean empaquetados nunha bolsa a proba de manipulacións e se ofreza acreditación de que a compra se adquiriu nese aeroporto e día concretos.
- En tendas situadas despois do control de tarxetas de embarque de aeroportos de terceiros países (segundo a listaxe do Anexo I do Regulamento (CE) 820/2008 da Comisión), sempre que estean empaquetados nunha bolsa a proba de manipulacións e se ofreza acreditación de que a compra se adquiriu nese aeroporto nas 36 horas anteriores.
VUELING recomenda a lectura do citado Regulamento para consultar en detalle todas as prohibicións de transporte en materia de equipaxe de man vixentes.
VUELING denegará o embarque en calquera momento e sen compensación económica das equipaxes de man que non cumpran os requisitos previstos no citado Regulamento.
A equipaxe de man debe colocarse nos maleteiros pechados instalados a ese efecto na parte superior da cabina, debaixo do asento do pasaxeiro ou noutro lugar que se especifique pola tripulación de cabina en cada momento. Na tarifa Excellence, o pasaxeiro terá dereito á reserva dun espazo para unha equipaxe de man de ata 14 kgs. O pasaxeiro responderá polos prexuízos causados a VUELING ou a terceiros pola súa equipaxe, agás cando estes veñan producidos por unha neglixencia de VUELING.
8.8Retirada e entrega de equipaxe- O pasaxeiro poderá retirar a súa equipaxe desde o momento no que o Transportista a poña á súa disposición nos puntos que sinale a tal efecto no aeroporto de destino. A recepción da equipaxe sen protesta por parte do posuidor do talón ou Billete ou Billete de conexión nos prazos legalmente establecidos implica a renuncia a toda reclamación posterior.
- O Pasaxeiro autoriza a VUELING para que, no caso de extravío da súa equipaxe, realice en por si ou por terceiros as indagacións necesarias para atopar o titular, para o que utilizará obxectos ou elementos existentes tanto no interior como no exterior da equipaxe, e co debido respecto á confidencialidade dos datos persoais obtidos.
- No suposto de que o Pasaxeiro non recolla a súa equipaxe transcorridos 7 días desde a data da súa posta a disposición, o Transportista poderá esixirlle a cantidade de 10 Euros por día de almacenaxe. Se o pasaxeiro non recolle a equipaxe no período máximo de seis (6) meses a contar desde a súa posta a disposición, VUELING poderá dispoñer desta equipaxe sen incorrer en ningunha responsabilidade.
- No suposto de que un Pasaxeiro reclame unha peza de equipaxe e non achegue o correspondente talón de equipaxe, esta peza de equipaxe só se lle entregará se pode probar, a satisfacción do Transportista, que ten dereito á entrega desta. Se VUELING o solicita, en casos xustificados, esta persoa deberá facilitar a cobertura económica previa á retirada da equipaxe axeitada para indemnizar por calquera perda, dano ou gasto no que poida incorrer o Transportista como consecuencia desa entrega.
- VUELING poderá bloquear ou denegarlle a entrega ao Pasaxeiro que porte calquera equipaxe que lle resulte sospeitosa, ou ante unha solicitude neste sentido doutro pasaxeiro ou das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado españois ou os corpos de seguridade de cada país. Nestes casos, o Pasaxeiro deberá cumprir os trámites legalmente previstos para recoller a equipaxe e o Transportista non asumirá ningunha responsabilidade por este atraso ou a denegación da entrega.
- No caso de que o Pasaxeiro compre dous ou máis Voos punto a punto, é responsabilidade do propio Pasaxeiro deixar o tempo suficiente para poder recoller a equipaxe do primeiro voo –no seu caso-, volver facturala, pasar o control de seguridade e pasaportes e chegar ata a porta de embarque do segundo e/ou seguintes voos. O disposto con anterioridade non resultará de aplicación para os Billetes de conexión.
- No caso de Billetes de conexión, o Pasaxeiro deberá facturar a equipaxe no aeroporto de orixe e recollela no aeroporto de destino, e será responsabilidade do Transportista manipular a equipaxe nas escalas da ruta.
8.9Danos na equipaxe- No caso de perda ou danos na equipaxe, aplicaranse as regras que establezan as normas internacionais e nacionais en vigor, en especial a Lei de Navegación Aérea de 1960 e o Convenio de Montreal do 28 de maio de 1999, así como o Regulamento (CE) nº 2027/97, do Consello.
- VUELING é responsable, no caso de destrución, perda, retraso ou danos na equipaxe, ata a cantidade de 1.131 Dereitos Especiais de Xiro. O pasaxeiro pode acollerse a un límite de responsabilidade máis elevado efectuando unha declaración especial de valor, para o que deberá aboar un cargo adicional. Con respecto á equipaxe non facturada, VUELING unicamente será responsable dos danos que se causasen pola súa culpa.
- Se a equipaxe facturada foi danada, perdida, destruída ou se entregou con retraso, o pasaxeiro debe sinalalo por escrito a VUELING o antes posible e, en todo caso, antes de 7 días en caso de danos e de 21 días en caso de perda. Eses prazos contaranse a partir da posta a disposición da equipaxe.
- VUELING non será responsable en ningún caso por crocaduras, rabuños, manchas, asas e/ou rodas rotas que se produzan na equipaxe.
- Se a compañía aérea encargada do voo non é VUELING, o Pasaxeiro poderá formular unha queixa ou reclamación a calquera delas.
8.10Animais e equipaxes especiais:O Pasaxeiro que habitualmente requira dun can guía do cego poderá viaxar con el en cabina, sempre que o animal estea correctamente atado e o Pasaxeiro responda dos prexuízos que poida causar ao resto da pasaxe.
O Pasaxeiro poderá, durante o seu proceso de reserva, optar por contratar o servizo de transporte dunha mascota (agás roedores) para o que deberá aboar un prezo adicional e cumprir as seguintes condicións:
- O animal deberá ir pechado nunha caixa especial, con buratos de respiración e fondo impermeable. Non será válida unha caixa caseira manipulada. Se o recipiente non resulta aceptable ou seguro, a xuízo exclusivo do persoal de terra ou voo, rexeitarase.
- As medidas máximas da caixa serán: 50 cm de longo, 40 cm de ancho e 20 cm de profundidade, sempre que a suma destas tres dimensións non exceda de 110 cm.
- O peso máximo da caixa (incluíndo o animal e os seus complementos) será de 8 kg.
- Os recipientes de comida ou bebida deberán ir cubertos, para evitar que o seu contido se derrame.
- O transporte da caixa debe facerse no chan, esta situarase entre os pés do Pasaxeiro ou debaixo do seu asento. Queda prohibido transportar a caixa no asento anexo ao do Pasaxeiro, aínda que se atope baleiro, ou sobre as pernas.
- Rexeitaranse todos os animais que polas súas características especiais (mal olor, estado sanitario, hixiene ou comportamento violento) puidesen resultar molestos para o resto da pasaxe.
- Os pasaxeiros que transporten animais deberán facerse cargo destes en todo momento, e responderán por cantos problemas puidesen causar.
- O animal non poderá sacarse do recipiente en ningún caso desde o embarque ata o desembarque do avión.
- Só poderá transportarse un único animal por caixa, excepto paxaros ou outros animais de reducido tamaño.
Debido ás normas nacionais, Vueling non permitirá o transporte deste tipo de animais nos seus voos a/dende o Reino Unido e Irlanda.
O pasaxeiro deberá asegurarse de que a normativa do país de destino permite o transporte e a entrada ao país do animal de acordo coa lexislación local e de que este (i) cumpre con todas as medidas hixiénicas esixidas e (ii) de que dispón de toda a documentación precisa para poder telo e transportalo.
O Pasaxeiro responsabilizarase de cantos prexuízos (tales como multas impostas polo país de destino do voo, etc.) puidese sufrir Vueling polo transporte do seu animal sen a documentación axeitada.
Só se admitirán dous animais a bordo en cabina nun mesmo voo. O sistema informático de reserva non ofrecerá a posibilidade de contratar este servizo aos pasaxeiros que pretendan reservar unha vez excedida esta cota máxima.
VUELING non ofrece a posibilidade de transportar animais na bodega do avión.
Para o transporte de equipaxes deportivas e especiais, o Pasaxeiro deberá aceptar as condicións e tarifas específicas no momento da súa contratación.
A petición expresa do Pasaxeiro ao reservar o billete, a través do Call Center en calquera momento ou ao facturar a equipaxe, VUELING ten dispoñible un servizo de seguro de declaración de valor de equipaxes, agás para certos obxectos valiosos, por un custo extra.
VUELING permite a facturación de equipaxes especiais, co custo e especialidades que figuran anexos a estas Condicións.
9.Tarifas Optima e Excellence
9.1Tarifa OptimaA tarifa Optima inclúe, ademais das prestacións da tarifa Basic, os seguintes servizos:
(i) Flexibilidade para adiantar o horario dos voos reservados dentro dunha mesma data. Só se poderá facer este cambio directamente no mostrador de vendas do aeroporto, entre 2 horas antes da saída do novo voo e o peche do mostrador de facturación 40 minutos antes da saída do novo voo (excepto en Roma, que pecha 55 minutos antes da saída do voo).
(ii) Reserva gratis dun asento determinado a bordo (inclúe asentos da ringleira 3 á 11 e da ringleira 15 á 31 no caso de que o voo sexa operado por un Airbus A320 e sempre que haxa dispoñibilidade de prazas). O número de asentos dispoñibles da ringleira 3 á ringleira 11 é limitado e no caso de que se esgoten, deberá escollerse un asento da ringleira 15 á 31. En ningún caso se devolverá o importe correspondente á taxa de reserva de asentos incluída na tarifa.
(iii) A facturación gratuíta dunha única peza de equipaxe (ata 23 kg).
9.1.2Reservas coa tarifa OptimaPoderá reservar a tarifa Optima sempre que estea dispoñible para o traxecto desexado. Nos diferentes traxectos dunha mesma reserva non é posible combinar diferentes tarifas.
Recibirá automaticamente a tarxeta de embarque por correo electrónico unha vez rematado o proceso de compra sempre e cando se asigne un asento.
9.1.3Modificación de reservas OptimaPoderase adiantar gratuitamente o voo por outro que saia o mesmo día, sempre que haxa prazas dispoñibles. Unicamente poderá facer este cambio directamente no mostrador de vendas do aeroporto, entre 2 horas antes da saída do novo voo e o peche do mostrador de facturación 40 minutos antes da saída do novo voo (excepto en Roma, que pecha 55 minutos antes da saída do voo).
Non será posible cambiar da tarifa Optima á tarifa Basic ou Excellence.
A tarifa Optima, unha vez contratada, só permitirá realizar cambios de horarios e de nome dentro da propia tarifa. (Ler Cambios permitidos)
9.2Tarifa ExcellenceA tarifa Excellence inclúe, ademais das prestacións da tarifa Optima, os seguintes servizos:
(i) Reserva gratis dun asento Duo garantido.
(ii) Espazo reservado a bordo para a equipaxe de ata 14 kg.
(iii) Embarque e mostradores preferentes. Este servizo unicamente estará dispoñible nos aeroportos de Barcelona e Madrid.
(iv) Flexibilidade en cambios de horario, sempre que haxa prazas dispoñibles, e pagando a diferenza de prezo entre o billete comprado e o prezo do billete no momento do cambio.
(v) Reembolso permitido en caso que o cliente non poida viaxar. O reembolso deberase solicitar como moi tarde 2 horas antes da saída do voo.
(vi) Un “snack” a bordo.
9.2.1Reservas coa Tarifa ExcellencePoderá reservar a tarifa Excellence sempre que estea dispoñible para o traxecto desexado. Nos diferentes traxectos dunha mesma reserva non é posible combinar diferentes tarifas.
Recibirá automaticamente a tarxeta de embarque por correo electrónico unha vez rematado o proceso de compra sempre e cando se asigne un asento.
Os menores de idade acompañados non poderán adquirir a tarifa Excellence.
9.2.2Modificación de reservas tarifa ExcellenceNon se permite o cambio de tarifa Excellence a Optima nin a Basic.
No caso de que se desexe realizar un cambio de horario e no novo voo elixido non haxa dispoñibilidade de tarifa Excellence, o pasaxeiro poderá elixir voar coas condicións comerciais das tarifas Basic ou Optima, se estas se atopan dispoñibles para ese voo, procedendo á cancelación e devolución do importe da tarifa Excellence e a unha nova reserva en Basic ou Optima. Desde o momento en que se realice a nova reserva en tarifa Basic ou Optima, perderá os privilexios da tarifa Excellence.
Calquera modificación deberá realizarse a través do Centro de Atención ao Cliente ou nos mostradores de Venda do aeroporto en casos en que o cliente adiante o seu voo.
Os cambios de horario son permitidos, con fee gratuíto de cambio de voo, pero tendo que aboar a diferenza de prezo entre o billete comprado e o prezo do billete no momento do cambio.
Así mesmo, está permitido o cambio de titular de forma gratuíta.
9.2.3Anulación de reservas Tarifa ExcellencePoderase anular un voo con tarifa Excellence sen necesidade de alegar ningunha causa. A anulación tamén pode aplicarse unicamente a un traxecto parcial, por exemplo o voo de ida ou volta, comprendido baixo un só número de reserva.
A anulación sempre deberá realizarse como máximo ata 2 horas antes da hora de despegue do primeiro dos traxectos. Se se realizou un dos traxectos comprendidos na reserva non se poderá cancelar o outro.
En caso de exercitar este dereito, reembolsarémoslle o importe do prezo Excellence aboado polo traxecto e pasaxeiro que decida anular.
10.Facturación e formalidades administrativas
10.1Prazo máximo de facturación- O pasaxeiro debe chegar ao aeroporto con suficiente antelación respecto á hora de saída do voo como para cumprir todas as formalidades gobernamentais e, se procede, facturar a equipaxe. Os mostradores de facturación abrirán dúas horas antes e pecharán 40 minutos antes da saída do voo prevista (aínda que o voo estea atrasado), agás os seguintes aeroportos:
- Roma Fiumicino (FCO) e San Petersburgo (LED): 45 minutos antes da saída.
- Tel Aviv Ben Gurion (TLV): 60 minutos antes da saída.
- Barcelona con destino a Tel Aviv - Ben Gurion (TLV): 60 minutos antes da saída.
- Transcorrido este tempo, non se aceptará ningunha equipaxe nin se expedirán tarxetas de embarque. Transcorrido o prazo máximo de facturación, o Transportista poderá ceder os asentos dos pasaxeiros con reserva e sen tarxeta de embarque anticipada que non se identificasen no mostrador de facturación correspondente ou en calquera outra dependencia indicada polo Transportista antes do prazo máximo de facturación aos pasaxeiros que estean en lista de espera pendentes de aceptación.
10.2Facturación- Para facturar a equipaxe, o Pasaxeiro deberá presentar o Billete ou Billete de conexión ou o número de reserva correspondente, así como un documento legalmente suficiente para acreditar a súa identidade. O Transportista resérvase o dereito –en por si ou por terceiros- a identificar o Pasaxeiro por outros medios se considera que a documentación presentada é insuficiente ou en caso de dúbida sobre a identificación ou a validez da documentación achegada.
10.3Embarque- O embarque comezará 30 minutos antes da saída do voo. A porta de embarque pechará 10 minutos antes da saída. O Transportista resérvase o dereito a cancelar a asignación de asentos e a reserva dos Pasaxeiros que non embarquen polo menos 10 minutos antes da hora de saída planeada. Os Pasaxeiros que cheguen máis tarde ao mostrador de facturación non serán admitidos a bordo, non terán dereito a unha compensación por denegación de embarque e responderán polos prexuízos que VUELING sufra no caso de que a súa equipaxe deba localizarse e retirarse da aeronave porque estaba facturada, pero o Pasaxeiro non se presentase na porta de embarque en prazo.
- Sempre que sexa posible, as familias que viaxen con nenos, os Pasaxeiros en cadeiras de rodas e os Pasaxeiros con mobilidade reducida terán preferencia no momento do embarque.
-
10.4Servizo rescate de Pasaxeiros
- VUELING posúe un servizo específico para facilitarlle a un Pasaxeiro que perde un voo, previo pagamento do custo correspondente , o embarque nun voo posterior (Rescate de Pasaxeiros). No caso de que o Pasaxeiro decida contratar este produto, quedará igualmente sometido ao disposto nestas Condicións respecto do novo voo.
-
10.5Documentos de viaxe
- O pasaxeiro será responsable de obter, manter no seu poder e presentar cando se lle requira, toda a documentación de entrada e saída esixida polos países desde os cales, aos cales, ou sobre os cales será transportado, así como a documentación sanitaria ou outra documentación que resulten esixibles nestes países. O Transportista resérvase o dereito a negarse a transportar calquera Pasaxeiro que non cumprise con estas leis, regulacións, normas, esixencias ou requisitos aplicables, ou que leve uns documentos que, a xuízo do Transportista ou das autoridades do país de saída ou de chegada, non se axusten a estes.
-
10.6Denegación de ingreso nun país
- No caso de que, por calquera motivo, unha autoridade pública dalgún dos países aos cales, desde os cales ou sobre os cales se realice o transporte impida a entrada do Pasaxeiro ao seu país, mesmo en tránsito, o Pasaxeiro pagará o prezo do seu transporte de regreso ao aeroporto de orixe ou a calquera outro aeroporto. O Transportista non estará obrigado a reembolsarlle ao Pasaxeiro a parte do prezo do Billete ou Billete de conexión correspondente ás rutas que o Pasaxeiro non completase nin terá ningunha responsabilidade referente á equipaxe deste Pasaxeiro.
-
10.7Responsabilidade do Pasaxeiro
- No caso de que o Transportista teña que pagar algunha multa ou sanción, ou incorrer nalgún gasto con motivo do incumprimento por parte do Pasaxeiro e a súa equipaxe (aduanas, policía, etc.) dalgunha lei, esixencia ou outros requisitos de viaxe dos países desde os cales, aos cales ou sobre os cales se realice o transporte, o pasaxeiro deberá reembolsar, cando llo solicite o Transportista, o importe que este pagase ou o gasto en que incorrese ou deba incorrer.
-
11.1Dereito do Transportista a denegarlles o transporte aos Pasaxeiros
O Transportista resérvase o dereito a denegar, en calquera momento, o transporte a un Pasaxeiro que posúa un Billete ou Billete de conexión se, a xuízo do Transportista:
-
- É necesario ou conveniente por motivos de seguridade pública.
- É necesario ou conveniente para cumprir coas leis ou normas aplicables nun país de orixe, destino ou escala do voo.
- É necesario ou conveniente en razón da conduta, estado, idade ou condición mental ou física do Pasaxeiro.
- É necesario ou conveniente para evitar dano, incomodidade ou molestias graves a outros Pasaxeiros ou á tripulación.
- É necesario ou conveniente porque o Pasaxeiro incumpriu con anterioridade e de maneira reiterada as normas do Transportista.
- O pasaxeiro presentoulle ao Transportista algún documento (a) adquirido de forma presuntamente ilegal, (b) que se denunciase como perdido ou roubado, ou (c) que sexa presuntamente falso ou conteña modificacións ou alteracións de calquera tipo non realizadas polo Transportista. Nestes casos, o Transportista resérvase o dereito a reter estes documentos.
- A persoa que se presente no mostrador do Transportista non se corresponde co titular do Billete. Neste caso, o Transportista resérvase o dereito a reter este Billete.
- O Pasaxeiro non puido acreditar que xa pagou a totalidade do Billete ou Billete de conexión de avión, ou solicitouse a cancelación do cargo da tarxeta coa que se aboou.
- É necesario ou conveniente por motivos de seguridade pública.
-
11.2Restricións ao transporte
- Mulleres embarazadas: O transportista acepta transportar mulleres embarazadas ata a semana 27 de embarazo (incluída) sen necesidade de achegar ningún certificado médico. Cando a viaxe se produza entre as semanas 28 e 35 do embarazo (ambas as dúas incluídas), será necesaria a achega do orixinal do permiso médico no que se confirme a aptitude para voar, contendo este ademais o período de validez, número de colexiación e sinatura do médico. Non poderán viaxar as mulleres que estean na semana 36 de embarazo ou máis adiante.
- Menores:Os menores de 14 anos non poden viaxar sen un responsable maior de 16 anos. Os menores con idades comprendidas entre os 5 e os 11 anos (11 + 364 días) poderán viaxar sós mediante a contratación do Servizo de Acompañamento de Menores (UM) ofrecido por VUELING, previo pagamento do custo correspondente. Opcionalmente, este servizo poderá contratarse para menores con idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos (17 + 364 días).
- Mulleres embarazadas: O transportista acepta transportar mulleres embarazadas ata a semana 27 de embarazo (incluída) sen necesidade de achegar ningún certificado médico. Cando a viaxe se produza entre as semanas 28 e 35 do embarazo (ambas as dúas incluídas), será necesaria a achega do orixinal do permiso médico no que se confirme a aptitude para voar, contendo este ademais o período de validez, número de colexiación e sinatura do médico. Non poderán viaxar as mulleres que estean na semana 36 de embarazo ou máis adiante.
- Por motivos de seguridade, os bebés menores de 7 días de idade non poderán admitirse a bordo. Os nenos desde 7 días ata 2 anos (1 + 364) viaxarán no colo da súa nai ou pai, sen que sexa posible embarcar na cabina do avión cadeiras ou berces. Estes Pasaxeiros menores de 2 anos deberán pagar un importe único por reserva. Só se permitirá un máximo de 6 menores con idades comprendidas entre os 5 e os 8 anos a bordo e un bebé sen dereito a asento por adulto maior de 18 anos.
- En calquera momento, tanto VUELING como as autoridades locais do aeroporto de saída ou destino poden esixir toda a documentación referente ao bebé ou ao neno que pretenda viaxar, polo que recomendamos que a leven sempre a man.
- Só se aceptarán Pasaxeiros menores de idade pero maiores de 12 anos a bordo que dispoñan de DNI ou pasaporte en vigor ao seu nome. Os menores de 14 anos deberán posuír igualmente pasaporte ou DNI, pero bastará o libro de familia se se tratase dun voo nacional e viaxasen acompañados dalgún dos pais.
É posible que as autoridades lles esixan aos menores de 18 anos residentes en determinados países que viaxen sen a compañía dos seus pais ou dun titor legal un formulario asinado por estes antes da saída do voo, sen o cal non se lles permitirá embarcar. En concreto, e a título de exemplo, no caso de Romanía, os menores de 18 anos que pretendan viaxar sós ou acompañados polo pai ou nai só poderán facelo se son posuidores dun certificado oficial asinado por ambos os proxenitores.
-
- Pasaxeiros con enfermidades e infeccións: O Transportista non aceptará Pasaxeiros que sufran ou poidan estar sufrindo enfermidades infecciosas graves ou sobre as que as autoridades sanitarias decretasen un nivel de alerta oficial, tales como infeccións respiratorias graves, viriases, tuberculoses ou pneumonía.
12.Conduta a bordo da aeronave
- Se, a xuízo do Transportista, a conduta do Pasaxeiro a bordo da aeronave pode poñer en perigo a aeronave ou a calquera persoa ou bens a bordo desta, ou supón un obstáculo para que a tripulación cumpra coas súas funcións, ou fai caso omiso de calquera instrución por parte da tripulación, ou ameaza, abusa ou insulta a calquera membro da tripulación, ou compórtase de maneira escandalosa ou dalgunha maneira que poida considerarse ofensiva cara ao resto de Pasaxeiros, o Transportista poderá tomar as medidas que considere necesarias para evitar que continúe este comportamento, mesmo o desembarque da aeronave. VUELING exercitará con posterioridade todas as accións legais en vía civil ou penal que ao seu Dereito corresponda.
- Se, como consecuencia da conduta do Pasaxeiro a bordo da aeronave, o comandante desta decide, en exercicio razoable da súa discrecionalidade, desviar a aeronave coa finalidade de desembarcar o Pasaxeiro, este deberá pagarlle ao Transportista todos os gastos e custos que se deriven deste desvío.
- Agás permiso previo expreso por parte do Transportista, está prohibido, por razóns de seguridade, utilizar a bordo dunha aeronave calquera equipo electrónico ou dispositivo similar, coa excepción de audiófonos e marcapasos. Os equipos e dispositivos que está prohibido utilizar son, entre outros e sen ningunha limitación, radios e gravadoras portátiles, teléfonos móbiles e celulares, ordenadores portátiles, reprodutores de cintas de audio, discos compactos, DVD e/ou MP3, xogos electrónicos e dispositivos de transmisión (entre os que se inclúen xoguetes con control remoto e transmisores-receptores portátiles).
- Non se permite o consumo de bebidas alcohólicas, salvo que se adquirisen a bordo.
13.Responsabilidade por danos humanos e materiais
13.1Consideracións xerais- En caso de accidente, a responsabilidade de VUELING será a seguinte:
- A responsabilidade estará limitada aos danos demostrados e en ningún caso VUELING será responsable dos danos indirectos ou non acreditados suficientemente, así como de calquera forma de danos non compensatorios.
- VUELING non é responsable de ningún dano resultante do cumprimento pola súa parte das leis, regulamentos gobernamentais, ordenanzas ou requisitos, ou por incumprimento destes por parte do Pasaxeiro.
- As Condicións xerais de transporte aplícanse, así mesmo, aos Axentes Autorizados de VUELING, empregados e representantes, na mesma medida na que se aplica a VUELING. A suma recuperable por parte de VUELING, e dos Axentes, empregados, representantes e persoas autorizadas non superará a suma correspondente á responsabilidade de VUELING, en caso de que a haxa.
- Se a compañía aérea encargada do voo non é VUELING, o Pasaxeiro poderá reclamar ante calquera delas. A compañía contratante será a que apareza no Billete ou Billete de conexión.
- Toda reclamación ante un tribunal deberá presentarse no prazo máximo de dous anos desde a chegada da aeronave ou desde o día en que debería chegar.
-
13.2Lesións corporais
- VUELING será responsable dos danos sufridos en caso de morte ou feridas ou de calquera outra lesión corporal sufrida polo Pasaxeiro se o accidente que causou o dano sufrido se produciu a bordo do avión ou durante algunha das operacións de embarque e desembarque dos Pasaxeiros, nos termos e coa extensión previstos no Regulamento 2027/97 (modificado polo Regulamento 889/2002) e o Convenio de Montreal do 28 de maio de 1999, e sen prexuízo das exclusións de responsabilidade de VUELING no caso de que (i) a morte, as feridas ou calquera outra lesión corporal se deberon ao estado de saúde, físico ou mental do Pasaxeiro existente antes das operacións de embarque dos Pasaxeiros; ou (ii) se o dano se causou ou se favoreceu pola neglixencia do Pasaxeiro ou polo seu estado de saúde anterior ao embarque do voo.
- Non hai límite económico fixado para a responsabilidade en caso de lesións ou morte do Pasaxeiro. Para os danos de ata 113.100 Dereitos Especiais de Xiro, a compañía aérea non poderá impugnar as reclamacións de indemnización. Por riba desta cantidade, a compañía aérea só pode impugnar unha reclamación en caso de que poida probar que non houbo neglixencia nin ningunha falta doutro tipo pola súa parte.
- A suma recuperable cubrirá a reparación do dano, tal como se determine nunha solución amigable non contenciosa, segundo o determine o dictame dun experto ou dun tribunal competente.
- VUELING compensará o Pasaxeiro polos danos recuperables só pola parte que exceda a todo pagamento recibido dalgún organismo de seguro social público ou doutra institución similar.
- VUELING resérvase o dereito a recorrer contra terceiros, incluídos, sen limitacións, os dereitos de subsidio e indemnización.
- En caso de morte, feridas ou lesións corporais como consecuencia dun accidente aéreo, á(s) persoa(s) con dereito a compensación, cando estea(n) identificada(s), se lle(s) ofrecerá un pagamento adiantado para cubrir as súas necesidades inmediatas, de maneira proporcional aos prexuízos causados. En caso de morte, este pagamento adiantado non deberá ser inferior a 16.000 Dereitos Especiais de Xiro por Pasaxeiro. O pagamento adiantado efectuarase dentro dos quince (15) días seguintes á constatación da identificación da(s) persoa(s) con dereito a compensación, non suporá ningunha admisión de responsabilidade e será deducible da cantidade definitiva a pagar por responsabilidade de acordo con este punto, pero non será reembolsable agás nos casos previstos no artigo 20 do Convenio de Montreal ou se non tiña dereito á indemnización.
- Toda reclamación debe presentarse, como máximo, no prazo de dous anos desde que a aeronave chegue ou desde o día que tivese que chegar.
En relación cos datos solicitados no procedemento de contratación de produtos por parte dos usuarios, Vueling é titular do arquivo xerado cos datos de carácter persoal subministrados polos usuarios. Vueling comprométese a cumprir a súa obriga de segredo dos datos de carácter persoal e o seu deber de tratalos con confidencialidade e adoptará, para estes efectos, as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta en todo momento o estado da tecnoloxía de acordo co previsto na lexislación en materia de protección de datos de carácter persoal que sexa aplicable en España en cada momento. O usuario acepta que os datos persoais achegados no momento de solicitar a prestación de calquera dos nosos servizos se incorporen a un arquivo automatizado, a titularidade do cal corresponde a Vueling, coa finalidade de prestar o servizo solicitado e, en especial, coa finalidade de: (i) reservar unha praza para permitirlle ao Transportista confirmar esta reserva; (ii) subministrar e desenvolver servizos e prestacións relacionadas coa comercialización directa; (iii) facilitar o proceso de inmigración e ingreso; (iv) cumprir os requisitos relativos á contabilidade, facturación e auditoría do Transportista; (v) verificar tarxetas de crédito e outros tipos de tarxetas de pagamento; (vi) cumprir os requisitos de seguridade, administración e xurídicos do Transportista; e (vii) verificar, manter e desenvolver sistemas e análises estatísticos, así como de darlle a coñecer ao usuario, mesmo por medios electrónicos, calquera información e publicidade que puidese resultar do seu interese sobre outros produtos, servizos, promocións, novidades e demais información de Vueling que esta poida considerar do seu interese. Especificamente, no caso das newsletters que se remitirán, estas incluirán produtos ofrecidos por Vueling e operados pola propia compañía ou por entidades colaboradoras. No caso de que non desexe recibir comunicacións comerciais por medios electrónicos pode dirixirse en calquera momento a Vueling a través do seguinte enderezo de correo electrónico lopd@vueling.com. O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados e responsabilizarase de comunicarlle a Vueling calquera modificación nestes. Vueling resérvase o dereito de excluír dos servizos rexistrados a calquera usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito. Finalmente, infórmase ao usuario de que para exercitar os dereitos de acceso, modificación, oposición e cancelación poderá dirixir a Vueling unha petición por escrito ao enderezo postal Vueling Airlines, S.A. (Departamento Legal), Parque Empresarial Mas Blau II, Praza Pla de l’Estany n.º 5, 08820 O Prat de Llobregat (Barcelona)..
En caso de atraso, VUELING será responsable dos danos sufridos sempre e cando non tomase todas as medidas razoables para evitar o dano ou lle fose imposible tomar estas medidas, co límite de 4.694 Dereitos Especiais de Xiro.
VUELING dispón dun catálogo amplo de servizos adicionais que se poñerá a disposición dos Pasaxeiros durante o proceso de reserva e permitirán que estes configuren a súa oferta a medida.
VUELING acadou acordos con terceiras empresas para que lles ofrezan aos Pasaxeiros outros servizos que non sexan os de transporte aéreo, como reservas de hotel, actividades ou aluguer de coches. Nestes casos e respecto dos servizos adicionais ao voo contratados polo Pasaxeiro, rexerán exclusivamente os termos e as condicións dos terceiros que subministren eses servizos, e VUELING non aceptará ningunha responsabilidade polo incumprimento destes na prestación destes servizos adicionais.
No caso de que o voo do Pasaxeiro se cancelase ou sufrise un atraso, VUELING non responderá en ningún caso dos servizos adicionais que o Pasaxeiro contratase con terceiros, aínda que o Pasaxeiro realizase a reserva tendo en conta a chegada puntual da aeronave de VUELING. Nese caso, o Pasaxeiro terá que entenderse para solucionar o problema exclusivamente coa empresa a través da que reservou os citados servizos adicionais, e VUELING queda exenta de toda responsabilidade.
Ningún axente, empregado ou representante do Transportista ten autoridade para alterar, modificar ou renunciar a calquera das disposicións deste Contrato.
O presente Contrato poderá almacenalo o Pasaxeiro en formato electrónico.
Se algunha das cláusulas ou condicións deste Contrato se declarase ilegal ou nula, o Contrato seguirá vixente no resto do seu clausulado.
En caso de litixio cun Pasaxeiro domiciliado en territorio español, o coñecemento deste corresponderá aos Xulgados e Tribunais españois resultantes da aplicación da normativa española.
Pola súa parte, ao abeiro dos artigos 23.1 e 23.2, en relación co artigo 15.3, todos eles do Regulamento (CE) 44/2001, do Consello de 22 de decembro de 2000 relativo á competencia xudicial, en caso de litixios con clientes domiciliados nun Estado membro da UE distinto de España, as partes acordan expresamente, con renuncia ao foro que puidese corresponderlles, que a competencia xudicial internacional para coñecer de calquera disputa derivada das presentes condicións xerais de transporte lle corresponderá aos Xulgados e Tribunais españois e, en concreto, aos Xulgados e Tribunais da cidade de Barcelona.
En calquera caso, sempre prevalecerá o foro de consumidor previsto na normativa específica de consumo, cando o Pasaxeiro tivese esa condición.



