Voos a Tenerife
Tenerife é a maior das illas do arquipélago canario. O seu protagonista principal é o volcán do Teide, que acada os 3.718 metros de altura. ¡Terás que alzar a vista para ver o seu cumio! Ademais de ter o pico máis alto de España, esta illa tamén conta con 350 quilómetros de costa, onde poderás atopar unha gran variedade de praias e incribles piscinas naturais. O entroido é de interese turístico nacional, así que non esquezas o disfrace se viaxas nestas datas. En resumo, é unha illa atractiva de día e divertida de noite. Por iso, Vueling lévate a Tenerife. Aeroporto de Tenerife
O aeroporto Tenerife Norte (tamén chamado Los Rodeos) atópase a 11 quilómetros de Santa Cruz, no concello de San Cristóbal de la Laguna. O aeroporto Tenerife Sur atópase a uns 60 quilómetros da capital, Santa Cruz de Tenerife, no concello de Granadilla de Abona, ao sur da illa, onde se atopa a principal zona turística. Moverse pola illa en coche é moi sinxelo e as estradas están ben sinalizadas pero, se non tes vehículo propio, podes coller un taxi para ir a calquera sitio. Os prezos varían en función do traxecto, aquí tes algúns exemplos: Desde o aeroporto Tenerife Norte: Desde o aeroporto Tenerife Sur: Os autobuses tamén poden levarte ata diferentes lugares da illa. De feito, dispós de tres rutas: a Santa Cruz, ao aeroporto de Tenerife Norte e ás zonas turísticas do sur. O prezo do billete sinxelo varía entre 2 € e 8,10 €, dependendo da ruta que escollas. Teléfono de información: 922 531 300. Aeroporto Tenerife Norte
Aeroporto Tenerife Sur
Volver RestaurantesA cociña canaria mestura sabores de diferentes culturas nos seus guachinches e restaurantes. Por este motivo, podes probar desde pratos de influencia aborixe ata queixos de calidade recoñecida a nivel nacional e internacional. El NerviosoEste guachinche é un dos máis coñecidos, grazas ao seu prato estrela: un rico combinado de costelas, ananás e papitas con salsa mojo. Juanito El Nervioso é o responsable do éxito. Se queres coñecelo, só tes que pasarte polo restaurante. La CarambolaNa zona norte da illa atópase este local acolledor e moi familiar. Se che gusta a comida caseira a bo prezo, estás na tasca perfecta. Iso si, se vas en fin de semana, asegúrate antes de ter mesa libre. El DrakkarUnha ampla carta de pratos e unha terraza ao aire libre aseguran unha agradable comida neste restaurante. Escolle o teu prato favorito e goza do ambiente, porque está situado nunha das rúas máis de moda da illa. Casa TomásAquí tes outro guachinche típico de Tenerife. O seu prato típico xa é famoso en toda a illa: costelas con papas e salsa mojo verde. Se tes un amigo na illa, é posible que te traia aquí, e, se non… ¡terás que descubrilo ti mesmo! Horarios comerciaisPuntos de intereseO TeideNo centro da illa de Tenerife atopamos o Teide, a montaña máis alta de España, con 3.718 metros de altura. Non te perdas esta excursión, porque se trata dun gran volcán situado no interesante parque nacional das Cañadas. Podes subir á estación terminal da Rambleta desde as 9:00 ata as 16:00 horas. Santa CruzA capital da illa é Santa Cruz de Tenerife. Aquí tes ao teu alcance numerosos puntos de interese: podes afondar na cultura guanche entrando no Museo Arqueolóxico de Canarias ou pasear por todos os recunchos da cidade descubrindo frondosas Ramblas e esculturas. Sigue camiñando ata chegar ao Simbólico, o impresionante auditorio de Tenerife, obra de Santiago Calatrava. San Cristóbal de La LagunaEsta cidade é considerada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, porque está formada por 600 edificacións de gran valor arquitectónico. Paseando pola zona urbana atoparás igrexas, palacetes, conventos… ¡Pon zapatos cómodos e prepárate para percorrer as súas rúas a pé! Los Roques de Anaga100 % natureza, iso é o que atoparás nos Roques de Anaga, un lugar de grande interese científico e gran valor ambiental. Da un paseo pola zona e poderás ver regatos, montañas e moitas especies diferentes que forman un incrible conxunto natural. La OrotavaNo norte da illa atópase o Val da Orotava, xusto na faldra do Teide. Neste concello pódense visitar palacios e pazos que forman un centro histórico ben conservado. Ademais, ofrece unhas vistas sorprendentes do océano Atlántico. Centro histórico da OrotavaNo centro histórico da vila da Orotava podes visitar unha zona antiga moi ben conservada. Foi declarado conxunto histórico-artístico, xa que reúne no seu interior rúas cheas de historia e concentra numerosas ermidas, igrexas e prazas. O Drago MilenarioEn Icod de los Vinos atópase o exemplar máis grande e lonxevo que se coñece. A súa visita é case obrigada se tes curiosidade por ver os seus 17 metros de altura e a súa base de 20 metros. O Drago Milenario está especialmente protexido, pero, se queres, podes fotografarte xunto a el. ¡Xa verás que pequeno pareces! |