Saída
Regreso
Buscar datas
Nº Pasaxeiros:
/
Idioma    

Voos a Sevilla

Voos a Sevilla
Sevilla é unha cidade leda e fascinante, evocadora de imaxes románticas de Semana Santa, touros e flamenco. Sevilla é unha cidade que encanta coa súa exuberante atmosfera.

Aquí che damos algunhas suxestións para aproveitar ao máximo a túa viaxe.

O tempo a Sevilla

Hoteis a Sevilla

Volver

Aeroporto de Sevilla

Aeroporto de Sevilla
O aeroporto de Sevilla (San Pablo) atópase a uns sete quilómetros ás aforas do centro. Hai servizos de taxis e autobuses dende o aeroporto. Os autobuses saen cada 30 minutos dende o aeroporto e dende a Porta de Xerez no centro de Sevilla e custan 2,20 euros.
Os taxis dende o aeroporto ao centro tardan uns 10-15 minutos e custan aproximadamente 20 euros.

Voos a Sevilla

Podes voar dende Barcelona e dende Valencia.

Voos dende Sevilla
Voa a Barcelona e a Valencia.

Aeroporto de Sevilla

AutobúsTaxi Aparcadoiro
Prezo 2,30 € 18 € aprox. 1 hora: 1,05 €

1 día: 6,95 €
Volver

Aluguer de coches a Sevilla

Volver

Restaurantes a Sevilla

Mesón de la Infanta (Avenida Ramón y Cajal)

Un dos preferidos polos sevillanos. Como lles pasa aos seus irmáns, o Mesón de la Infanta é un dos sitios preferidos polos sevillanos para tapear, tanto pola súa coidada elaboración de tapas, como pola súa extensa adega.

Avenida de Ramón y Cajal, 8, esq. Avda. Diego Martínez Barrios. Edif. de las Artes Nervión
+34 95 422 96 89

Mesón Don Raimundo

Situado en Santa Cruz, nun antigo convento do século XVII no barrio xudeu, este restaurante ofrécenos unha gran variedade de pratos tradicionais da cociña andaluza e da mozárabe, que eran preparados polos nosos devanceiros cristiáns.

Argote de Molina, 26
Casco Antigo
+34 95 422 33 55

La Giralda

Este clásico do tapeo sevillano está situado nuns antigos baños árabes, moi preto da Xiralda (de aí o seu nome). Agárdate un menú sen pretensións, pero de gran calidade. Se houbésemos de escoller, recomendariámosche que pedises o rolo de bonito ou as albóndegas de atún con chiclas. De feito, todo está boísimo. Ideal para coller forzas tralos voos.

Mateos Gago, 1
+34 954 227 435

El Portón

Outro clásico do tapeo. A súa proximidade ao edificio do concello fai que sexa un dos máis concorridos a mediodía para degustar algunhas das súas tapas tradicionais sevillanas, como o ovo ao Portón, os riles ao xerez e o miúdo. Todo isto, caseiro e saboroso. Ademais, a súa cervexa é deliciosa, ben tirada e moi fresquiña.

General Polavieja, 20
+34 954 214 020

Habanita

Como alternativa ás tapas, pásate por Habanita. Preto da Alameda de Hércules, zona de moita marcha, o Habanita é o sitio perfecto para quentar motores. O seu ambiente caribeño pega perfectamente cun «mojito» acompañado dunhas arepas.

Golfo, 3
+34 954 219 516

Volver

Horarios comerciais a Sevilla

Case todas as tendas abren de luns a sábado dende as 09:00 ata as 13:30 e de 16:30 a 20:00 aproximadamente, aínda que algunhas permanecen pechadas durante a tarde dos sábados, así que cos horarios dos nosos voos a Sevilla sempre chegas a tempo para a primeira compra.
Os grandes centros comerciais teñen un horario continuado de 10:00 a 21:00, contando con algúns domingos e días de festa.
Volver

Puntos de interese a Sevilla

A Catedral de Sevilla


De estilo gótico e construída nos séculos XV e XVI sobre os restos da antiga mesquita maior da Sevilla árabe. é o edificio relixioso máis grande de España e o terceiro máis grande en extensión do mundo cristián. Dentro atoparás a tumba de Colón.

A igrexa de Santa Cruz de Sevilla


Orixinalmente localizada na Praza de Santa Cruz. Foi destruída polos franceses en 1811 e por este motivo trasladada ao lugar onde estaba situada a anteriormente chamada Igrexa dos Cregos Regulares Menores do Espírito Santo, onde aínda se atopa hoxe en día.

Real Alcázar de Sevilla


Fascinante como para non deixar de velo, este pazo está considerado como o máis completo exemplo da chamada arquitectura mudéxar en España. Os reis cristiáns, Afonso X O Sabio e Pedro I O Cruel (chamado «O Xusticeiro» en Sevilla) contrataron mouros artesáns para a construción do Real Alcázar de Sevilla no século XIV.

A Torre do Ouro


Construída a comezos do século XIII polos almohades. Foi edificada con propósitos militares e estaba situada ás aforas da muralla da cidade. Era empregada para controlar as entradas ao porto de Sevilla. Unha enorme cadea de ferro pendía dela, atravesando o río dunha beira á outra.

Expo 92


Sevilla acolleu a Exposición Universal de 1992, coincidindo coa celebración do quinto centenario do descubrimento de América. A Illa da Cartuxa foi elixida como lugar para este evento.
Alí atópase aínda o Mosteiro da Cartuxa, xunto ao novo parque tecnolóxico Sevilla Tecnópolis e o parque temático Isla Mágica.

Parque de María Luísa


Cos seus máis de 400.000 metros cadrados, constitúe un verdadeiro pulmón da cidade. Creouse en 1893 por orde da infanta dona María Luísa de Orleáns. O parque é un sitio ideal para ir coa túa parella, xa que está cheo de recantos románticos, entre os que salienta o da Glorieta de Bécquer, co monumento dedicado ao poeta. Polas noites en tempada xa calorosa, o parque tamén acolle sitios de copas ao aire libre.

Praza de España


Dentro do Parque de María Luísa está a Praza de España, tan pintoresca que ata saíu nunha das películas de «A guerra das galaxias». Está feita en estilo rexionalista (mestura de estilo mudéxar, gótico e renacentista). Os materiais usados son o ladrillo e a cerámica. Sen dúbida, non podes marchar de Sevilla sen vela. Aínda que cos nosos prezos de voos a Sevilla, podes volver tantas veces como desexes.

Barrio de Santa Cruz


¡Que sería de Sevilla sen o Barrio de Santa Cruz! Pérdete polas rúas estreitas do antigo barrio xudeu, gozando do recendo a laranxas e flores e das súas praciñas con flores. Namentres, fai unha pausa nos seus moitos bares para te tomares un fino.

Volver

Guías on-line de Sevilla

AS NOSAS GUÍAS ON-LINE PREFERIDAS
http://www.turismosevilla.org
Volver

Mais Cidades Vueling