Voos a Mallorca
Por iso Vueling voa a Palma de Mallorca. Aquí dámosche algunhas suxestións para aproveitar ao máximo a túa viaxe.
O tempo a MallorcaAeroporto de Mallorca
O aeroporto de Palma de Mallorca-Son Sant Joan está a 11 km ao sueste de Palma de Mallorca. Conta cunha terminal e catro módulos de embarque: A, B, C e D.
Se queres ir en taxi, hai unha parada de taxis na porta D da planta de chegadas (duración do traxecto: 15 minutos). As compañías que traballan no aeroporto son: Radio Taxi, Taxi Palma e Fono Taxi. Se prefires o transporte público, o autobús número 1 sae do aeroporto cada 15-30 minutos cara a Palma (De 06:10 a 02:10). Dende Palma sae do Passeig Mallorca ata o aeroporto, tamén cada 15-30 minutos (de 5:40 a 01:30). A duración do traxecto en autobús é de 30 minutos. A parada de autobuses está na planta de chegadas, fronte ao aparcadoiro. Hai outra parada de autobús na planta de facturación, fronte á estrada de acceso ao aeroporto. O itinerario dende o aeroporto é: chegadas, gasolineira aeroporto, edificio Gesa, Porta d'es Camp, Avenidas, Passeig Mallorca, Es Jonquet, Paseo Marítimo, Porto Pí, Porto.
Restaurantes a MallorcaA comida mallorquina é un dos grandes atractivos desta illa. A oferta é variada e cambiante, cunha oferta de sabores cada vez máis internacional.Aquí tamén aplicamos a fórmula Vueling: aforra connosco e date o gusto nun destes restaurantes: Ca'n CarlosCa'n Carlos é un restaurante familiar que é, sen dúbida, o destino ideal para degustar a mellor cociña mallorquina.S'Aigua, 5 La LubinaSe che apetece peixe, algo recomendable estando en Palma, pásate por La Lubina. Aínda que todo o seu peixe fresco e marisco sexan a súa especialidade, recomendámosche a caldeirada de lagosta ou os seus peixes «ao sal». Ten tamén deliciosas sobremesas caseiras e gran selección de viños mallorquinos e cataláns.Moll Vell AramisCunha decoración minimalista, Aramis é un restaurante italiano que tamén ofrece deliciosos pratos de cociña internacional cun toque moderno.Montenegro, 1 TahiniSe falamos de restaurantes «cool», este lévase o gran premio. Unha arquitectura vangardista e claras influencias asiáticas fan o ambiente deste lugar único un Mallorca. A comida non está mal, as porcións talvez demasiado minimalistas, pero ben logradas.Puerto Portals Horarios comerciais a MallorcaCase todas as tendas abren de luns a sábado dende as 09:00 ata as 13:30 e dende as 16:30 ata as 20:00 aproximadamente, aínda que algunhas permanecen pechadas durante a tarde dos sábados.Os grandes centros comerciais teñen un horario continuado de 10:00 a 21:00, incluíndo algúns domingos e días de festa. Puntos de interese a MallorcaCatedral de Santa MaríaImpresionante construción de estilo gótico, raíña maxestosa sobre a cidade, a Riera e o porto.La AlmudainaConstruída sobre o desaparecido alcázar musulmán, serviu de residencia aos primeiros reis mallorquinos. A Lonxa, que acolle o Museo de Belas Artes, é a derradeira grande obra gótica de Palma, que anuncia xa o Renacemento.Museo de Arte Moderno e ContemporáneoEn moitas ocasións, museos e fundacións culturais están situados en monumentos que por si sos xa merecen unha visita.Centro urbanoCun balbordo continuo, cheo de tendas e poboado por uns 300.000 habitantes, caracterízase polo ambiente elegante, os seus distinguidos clubes náuticos, os seus nobres restaurantes e as sinuosas canellas.Fundación BarcelóDedica o seu espazo á pintura mallorquina. A Fundación La Caixa, que ocupa un magnífico edificio modernista que foi Gran Hotel, abre as súas portas a variadas exposicións.Fundació Pilar i Joan MiróObradoiro onde traballou o artista, que conta cun interesante museo. Exposicións de Miró e de arte da vangarda histórica.Fundación Bartolomé MarchO museo da Fundación Bartolomé March dispón da súa colección de escultura contemporánea, do Belén napolitano do século XVIII e da Sala do Libro.http://www.fundbmarch.es/ Guías on-line de MallorcaAS NOSAS GUÍAS ON-LINE PREFERIDASGuía das illas Baleares http://www.balearics.com/
Mais Cidades Vueling |