Saída
Regreso
Buscar datas
Nº Pasaxeiros:
/
Idioma    

Voos a Palermo

Voos a Palermo

Palermo é a capital da illa máis grande do Mediterráneo: Sicilia. A súa estratéxica situación é a clave dun pasado marcado polas conquistas e as colonizacións. Numerosos pobos pasaron por ela: gregos, romanos, españois, austríacos, árabes… Todos deixaron a súa pegada nos monumentos e na cultura da illa.
 
Ao perderse polas rúas da cidade de Palermo o turista queda sorprendido polo seu gran patrimonio artístico e arquitectónico. O resto da illa tamén é fascinante, xa que ofrece unha curiosa paisaxe volcánica, baías de auga turquesa e depósitos de restos arqueolóxicos. ¿Anímaste?

Vueling lévate a Palermo porque é unha cidade tan variada en culturas como en paisaxes.


O tempo a Palermo

Hoteis a Palermo

Volver

Aeroporto de Palermo

O Aeroporto Internacional de Palermo, tamén coñecido co nome de Falcon-Borsellino ou Punta Raisi, é un dos máis importantes de Sicilia. Ten unha terminal que opera voos internacionais.

Atópase a 32 km da cidade de Palermo, pero está perfectamente conectado coa cidade mediante autobuses, trens e taxis. Os autobuses levarante tamén a outras localidades da illa. O tren ofrece o servizo Trinacria Express, que conecta coa cidade cada hora. Os taxis funcionan desde as 6h ata as 24h e o traxecto dura aproximadamente 45 minutos.



Autobús Tren Taxi Aparcadoiro

Liña regular: 2,50€
Liña 29: 4,80€

Billete normal: 4,50€

Centro cidade: 50€ aproximadamente

2 horas: 1,50€
6 horas: 2,50€
12 horas: 4,10€
1 día: 7,70€

Para máis información:
Sitio Web Oficial: aeroporto.palermo.it
Tel.: +39 (0) 800-541880 | +39 0917 020 111 | +39 091-7020273

Volver

Aluguer de coches a Palermo

Volver

Restaurantes a Palermo

En Sicilia, a fusión de culturas deu lugar a unha gastronomía caracterizada por unha interesante mestura de sabores. As receitas sicilianas utilizan diferentes técnicas e aderezos, e mesmo fusionan peixe con carne e hortalizas. Os doces e os xeados tamén ocupan un lugar importante na cociña siciliana.

La Scuderia 

Proba a auténtica comida siciliana neste popular restaurante situado nas aforas de Palermo. Recomendámosche que reserves con antelación porque a terraza con mesas ao aire libre está moi solicitada.

Via del Fante 9 
T. +39 091  520 323

Vecchia Trattoria de Toto 

Nesta pequena trattoria só poderás comer ao mediodía. O ambiente é moi agradable e o restaurante ofrece a posibilidade de saborear a comida siciliana máis deliciosa a un prezo correcto. O local atópase xunto ao mercado de Vucciria.

Via Cortellieri 5 
T. +39 333 438 3399

Bellini 

Xusto detrás do Teatro Bellini atópase este restaurante pequeno, romántico e moi ben decorado. A súa situación é perfecta e a carta está composta por deliciosos pratos italianos: pastas, pizzas, etc. ¡Tes que probalo!

Piazza Bellini 6 
T. +39 091 616 56 91

Ristorante Charleston 

Neste restaurante situado no barrio de Mondillo poderás gozar duns saborosos pratos de peixe e marisco. Ademais de comer e cear á perfección, contemplarás unhas vistas incribles. ¿Que máis se lle pode pedir a un restaurante?

Viale Regina Elena, Mondello 
T. +39 091 455 851 

Kursaal Kalhesa

Nun antigo Palazzo abandonado instalouse este bar de moda, que ten libraría, cibercafé, axencia de viaxes e restaurante. Ten unha sala abovedada preciosa e fóra dispón dunha terraza para comer ao aire libre. Proba a pasta con ourizo de mar, ¡está boísima!

Foro Umberto I 21 
T. +39 091 616 2282

Volver

Horarios comerciais a Palermo

En Palermo e noutras cidades de Sicilia, as tendas adoitan abrir de 9h a 20h ininterrompidamente, aínda que nalgunhas poboacións do interior pechan ao mediodía. Os sábados o horario é de 9h a 13h.

Nas zonas máis turísticas pódense facer compras ata a madrugada. Algúns negocios permanecen abertos ata a media noite, incluíndo salóns de peiteado e galerías de arte.

Moitos cafés, pastelarías e pizzerías están abertos case todo o día, só pechan de 2h a 6h.

Volver

Puntos de interese a Palermo

Palacio Normando e Capela Palatina

Actualmente o Palazzo dei Normanni é a sede do parlamento rexional, pero nas súas orixes era o Palacio Real dos normandos. No interior podemos ver a Capella Palatina, unha bonita representación de arte normanda, con teitos de madeira e elaborados mosaicos bizantinos en tons dourados e azuis.

La Catedral

A catedral de Palermo é unha gran edificación construída no século XII polos normandos. Aínda que o exterior se deteriorou nos últimos séculos, visitala paga a pena: seguro que te sorprenderá a súa fermosura.

Mercado de Vucciria

Este mercado tradicional é un labirinto de canellas que rodean a Piazza de San Domenico. É o máis antigo da cidade e sempre hai moito ambiente, especialmente a primeira hora da mañá. Poderás comprar peixe, herbas, verdura e todo tipo de produtos típicos da zona.

San Giovanni degli Eremiti

Esta igrexa do século XII construíuse en honor a San Xoán dos Ermitáns. Álzase sobre unha antiga mesquita e está coroada por cinco cúpulas de influencia arábica pintadas de ocre vermello. No interior pódese admirar un fermoso claustro con xardín.

A Martorana ou Igrexa de Santa María do Almirante

No ano 1143 construíuse esta fermosa igrexa de fachada barroca, campanario interior e magníficos mosaicos bizantinos. No século XV cedéuselle á orde das monxas beneditinas e a súa fundadora, Eloisa Martorana, fixo posible que importantes artistas colaborasen na elaboración dos mosaicos.

Volver
Volver
Volver