Voos a Nápoles
Ao sur de Italia atópase Nápoles, a capital da rexión de Campania. Nada máis chegar alí, comprobarás toda a historia que está presente nesta cidade: igrexas antigas, palazzos, barrios con rúas que soben e baixan, motorinos… Máis dun millón de habitantes viven na actualidade nesta cidade tan romántica, famosa en todo o mundo pola súa pizza e polo volcán Vesubio, que sobresae de forma sorprendente no horizonte. Ademais, Nápoles é a cidade perfecta para iniciar unha viaxe pola incrible Costa de Amalfi e a illa de Capri. O tempo a NápolesAeroporto de Nápoles
O aeroporto internacional Capodichino atópase a 8 km ao nordeste de Nápoles. O acceso en coche realízase a través da autoestrada A2, que sae á circunvalación de Nápoles (tangenziale). O traxecto dura 30 minutos e é obrigatorio pagar peaxe. Aconsellámosche o aparcadoiro de estadías longas (P1) se queres deixar o coche máis de 4 días. Se prefires coller un taxi, comproba que o taxímetro estea aceso ao inicio da viaxe. A viaxe ten unha duración de 20 minutos e un custo de 20 € aproximadamente. Outra opción interesante é coller o autobús urbano, concretamente o n.º 14, que só custa 0,70 €. Tamén hai outro autobús, o CLP, que realiza a viaxe en só 20 minutos e custa 18 €.
Para máis información: Volver Restaurantes a Nápoles
Pizzeria BrandiA historia conta que nesta pizzería se inventou a pizza, no ano 1889, en honor da Raíña Margarita. Agora ti podes revivir o momento nesta pizzería boa, barata e con moito encanto. ¡Tes que ir para probar as súas pizzas!Salita S. Anna di Palazzo 1, Nápoles. Tfno.: 081 41 69 28 www.brandit.it
Caffé GambrinusPara os que buscan un bo café, este é un dos mellores lugares do mundo. Aquí podes apreciar a vida da cidade e gozar da historia dos seus mellores anos, cando aínda era unha das capitais de Europa. Esta lembranza mantense neste café, nun ambiente elegante, cómodo e moi especial.Via Chiaia 1, Piazza Trieste e Trento, Nápoles. Tfno.: 081 417582 www.caffegambrinus.com
UmbertoEste restaurante histórico fundouse en 1916 como unha pequena trattoria. Desde aquela, o pequeno local cambiou ata converterse nun moderno restaurante-pizzería, no que podes probar uns pratos que che encantarán. Algunhas noites pódese cear moi ben acompañado de música en directo.Via Alabardieri, 30-31, Nápoles. Tfno.: 081 41 8555 www.umberto.it Horarios comerciais a Nápoles
Puntos de interese a Nápoles
É imprescindible visitar o duomo di Napoli, a catedral máis importante de Nápoles. Comezou a construírse no século XIII e pódense apreciar diversos estilos arquitectónicos. Se che gusta a arte, non deixes de visitala. O castello dell'Ovo (castelo do Ovo), no illote de Megaride, forma parte da incrible paisaxe do golfo de Nápoles. A lenda conta que un ovo agochado soporta a estrutura do edificio, de aí o seu curioso nome. Nas rúas de Nápoles poderás apreciar como é a vida actual na cidade. Podes visitar a piazza Plebiscito, unha das máis grandes e importantes da cidade. A praza forma unha elipse entre o Palacio Real e o Teatro San Carlo. Pola praza de San Gaetano accédese á Nápoles Subterránea. O interior está cheo de catacumbas e galerías da época romana, de cando se perseguía os santos. Entre eles, San Genaro, moi famoso na cidade. E, por suposto, podes facer unha excursión ao Vesubio. Situado na baía de Nápoles, trátase do único volcán de terra firme que entrou en erupción nos últimos 100 anos en Europa. Visualmente, destaca na paisaxe da cidade de Nápoles.Guías on-line de Nápoles
Mais Cidades Vueling |