Saída
Regreso
Buscar datas
Nº Pasaxeiros:
/
Idioma    

Voos a Milán

Voos a Milán
Milán é simplemente unha cidade fascinante. Nela mestúranse o trepidante balbordo dunha cidade industrial co glamour da que presume de ser a capital mundial da moda e co peso da historia reflectido na súa arquitectura.

Por iso Vueling te leva a Milán. E para que a túa viaxe a Milán sexa inesquecible, aquí tes as nosas recomendacións:

 


O tempo a Milán

Hoteis a Milán

Volver

Aeroporto de Milán

Aeroporto de Malpensa, Milán
O aeroporto de Malpensa está situado a 45 km ao nordeste de Milán. Existen distintas maneiras de chegar en transporte público. Tren: Desde a Terminal 1, o Malpensa Express chega ata a estación Cardona de Milán (duración do traxecto: 40 minutos). Por estrada: Taxi: Na porta de chegadas hai unha parada de taxis. Autobús: Hai bastantes autobuses que van desde ambas terminais ata a Estación Central de Autobuses de Milán. Tamén hai liñas cara ao aeroporto de Linate, Sesto e Torino. O Malpensa Bus Express vai desde a Terminal 1 ata a Estación Central de Milán, parando no recinto feiral de Milán durante a época de feiras, previa solicitude.

Para máis información:
Aeroporto de Milán

AutobúsTren Taxi Aparcadoiro
Prezo 4,5 € 9 € 70 € aprox. 1 hora: 3,1 €

1 día: 12,9 €
Volver

Aluguer de coches a Milán

Volver

Restaurantes a Milán

Se por algo é famosa Italia é pola súa cociña. En Milán non te esquezas de probar os seus panettone cunha copa de Marsala, ou de ir de aperitivos no serán.

L'ATM

Esta auténtica institución milanesa no que se refire a aperitivos é unha antiga parada de autobús transformada en bar de deseño, recoñecible ao caer a noite polo halo de luz alaranxada que desprende.

Piazzale Biancamano, 2
Tel.: (+39) 02 6552365

Cracco Peck

O famoso restaurante Peck reabriu as súas portas en 2001 baixo a supervisión do chef Carlo Cracco. Neste local do centro de Milán pode degustarse unha persoal mestura entre a cociña tradicional italiana e a cociña de vangarda. Pecha os sábados ao mediodía e os domingos.

Via Hugo, 4
Tel.: (+39) 02 876774

Il Ponte Rosso

Antiga e coqueta trattoria á beira dunha das canles do Navigli. Ambiente acolledor e atmosfera única para aqueles que queiran probar a auténtica cociña rexional italiana. Non te perdas a súa sopa vexetal. Pecha os domingos e os luns ao mediodía.

Ripa di Porta Ticinese, 23
Tel.: (+ 39) 02 8373132

Bistrot

Elegante, coa mellor vista da cidade e tres menús entre os que escoller: vexetariano, milanés e peixe.

Piazza Duomo
Tel.: (+39) 02 877159

Baci & Abbracci

Un clásico exemplo do estilo fashion milanés. Cunha decoración minimalista pero chea de vida como o seu nome, Baci & Abracci ofréceche 700 pizzas diferentes, á parte de pratos tradicionais italianos.

Via Edmondo De Amicis, 44
+39 02 89 01 36 05

Volver

Horarios comerciais a Milán

A maioría das tendas en Milán abren de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:30 de martes a sábado. Os luns moitas tendas non abren ata despois de comer.

Volver

Puntos de interese a Milán

Duomo

É unha das maiores catedrais góticas do mundo. Impresionan as súas coloridas vidreiras e os seus bosques de pináculos e estatuas. Nos seus arredores pódese ver a Galleria Vittorio Emanuele e o Pallazzo Reale.

Piazza Duomo

Castello Sforzesco

Antano foi unha fortaleza militar, pero hoxe en día acolle un fantástico museo onde poderás atopar a Pietá Rondanini de Miguel Anxo ou pinturas de Tiziano, Van Dyck ou Mantegna.

Piazza Castello

Teatro alla Scala

Data do ano 1778 e foi o primeiro teatro de ópera en Europa. Acolle o Museo Teatrale alla Scala, con curiosidades relacionadas co mundo da ópera.

Piazza Scala

Convento di Santa Maria delle Grazie

É no refectorio deste convento renacentista onde se pode ver «A última cena» de Leonardo Da Vinci. Mais deberás reservar a túa visita con semanas de antelación no teléfono +39 02 89421146.

Via Magenta

Via Monte Napoleone

O chamado «Quadrilatero della Moda» coas típicas tendas de Armani, Dolce & Gabanna, Ferré, Valentino, Versace… Ver e ser visto.

Basilica di Sant'Ambrogio

Visitar esta igrexa é unha experiencia espiritual, especialmente nun día chuvioso ou con néboa, algo que moitas veces se dá en Milán. O ambiente desta igrexa medieval consagrada por Santo Ambrosio no ano 387 é verdadeiramente único, polo que serviu de modelo para todas as igrexas románicas en Lombardía.

Piazza Sant'Ambrogio 15
+39 02 86450895

I Navigli

Este barrio romántico e bohemio foi en tempos medievais unha rede de canles «navegables»: de aí o nome Navigli. A maioría dos canais foron cubertas, pero aínda hoxe existen tres: o Naviglio Grande, o Pavese e a Darsena. Nas súas rúas e especialmente pola noite, atoparaste con tendas, galerías de arte, cafés, restaurantes e discotecas repletas de milaneses.

Ao sur do Corso Porta Ticinese.
Volver