Saída
Regreso
Buscar datas
Nº Pasaxeiros:
/
Idioma    

Voos a Menorca

Aínda que o seu nome fai pensar que é «menor» cás súas illas veciñas, as aparencias enganan. Menorca soubo manter o seu encanto e vida tradicionais, converténdoa nunha alternativa ideal para os que queren gozar da vida balear sen a invasión masiva de turistas. A illa pode presumir de ser reserva da biosfera e de ter unha cultura prehistórica envexable. Con tanto que ofrecer, como non ía Vueling voar a Menorca.

 


O tempo a Menorca

Hoteis a Menorca

Volver

Aeroporto de Menorca

O aeroporto de Menorca está situado a uns 4,5 quilómetros ao suroeste da capital da illa, Maón. O único xeito de chegar a calquera punto da illa dende o aeroporto é en taxi ou en vehículo particular. Para máis información, consulta no portal de Aena:

Aeroporto de Menorca

AutobúsTaxi Aparcadoiro
Prezo 1,50 € 5 € aprox. ata centro. 1 hora: 0,89 €

1 día: 6,27 €
Volver

Aluguer de coches a Menorca

Volver

Restaurantes a Menorca

Aínda que a maionesa é a receita máis famosa da gastronomía menorquina, propoñémosche algúns restaurantes con pratos algo máis extravagantes.

Anakena

Receitas orientais, maceracións, salsas americanas e produtos mediterráneos son os compoñentes da acertada fusión de cociñas que se atopa nos pratos da súa substanciosa carta. É o único restaurante da illa que ofrece sushi e caviar, que poden ser degustados nunha encantadora zona de sofás ao aire libre e á luz das velas.

S'uestrà, 90.
Sant Lluís.
(+34) 971 156 727

Adrián

Un restaurante de sabor familiar para gozar dos pratos máis representativos e tradicionais da cociña menorquina de calidade. Desde 1972, Francisca, a propietaria, estivo preparando pratos tan típicos como o pan con ali-oli, cabaciñas recheas, berenxenas con peixe sapo, endivias gratinadas, caracois con lagostinos, «parol es forn» menorquino, carnes da illa, peixes... Todo isto nun ambiente cálido e agradable.

Cala Biniancolla, nº 31
Sant Lluís
+34 971 159 053

La Caraba

Típica casa de campo menorquina. No interior, dous coidados e entrañables comedores. A súa agradabilísima terraza e xardín ofrecen tranquilidade e singular encanto para saborear as noites da illa.
Pratos imaxinativos de sabores mediterráneos, cociñados e presentados con creatividade e saber facer. Suxestivas tapas e sobremesas xeadas feitas na casa. Adega ben seleccionada. Trato agradable e acolledor. Exposicións de pintura, escultura, fotografía...

s'Uestrà, 78 (Sant Lluis)
Aberto: xuño a outubro
971 150 682

Es Fosquet

O que foi un lugar escavado na rocha para gardar a barca e os aparellos de pesca é hoxe este pequeno restaurante mariñeiro, cunha agradable terraza diante do mar no porto de Maón.
A súa especialidade: excelente peixe da illa á prancha. Incomparables mexillóns de rocha e gambas. Este ano, como novidade, sushi.

Pecha luns e martes. Menú diario a mediodía.
Moll de Llevant, 256
Aberto: abril-outubro
971 350 058

Villa Madrid

Nunha casa de estilo colonial de finais do século XIX, no campo menorquino, atopamos uns frescos comedores e unha agradable terraza con vistas ao xardín, onde en verán se pode gozar dunha copa.
Orixinal cociña de autor. Pratos de inspiración mediterránea con ousados toques vangardistas e un punto de fusión. A receita: boa materia prima, un pouco de entusiasmo, mesturar a partes iguais, engadir tres pingas de imaxinación, saltear e servir.

s'Uestrà, 46 (Sant Lluís)
Aberto: abril a outubro
971 150 464

Vineria Parra

Unha opción diferente. Dos poucos lugares fóra do porto onde se pode comer algo un domingo á noitiña.
Boa oferta de viños, embutidos e queixos de calidade, música, arte, libros...

San Fernando, 3
Aberta todo o ano
Maón
971 363 636

Volver

Horarios comerciais a Menorca

Case todas as tendas abren de luns a sábado desde as 9:30 ata as 13:30 e de 17:00 a 20:00, aínda que a maioría permanecen pechadas durante as tardes dos sábados e os domingos. Nas zonas moi turísticas e en tempada alta, hai moitas tendas que abren ata máis tarde e todos os días da semana.
Volver

Puntos de interese a Menorca

Maón

Situada sobre un acantilado ao fondo dunha encaixada ría, a capital de Menorca foi durante séculos un dos portos máis estratéxicos do Mediterráneo occidental. Sobre este acantilado álzase a parte máis antiga da cidade e os seus monumentos máis notables, como a igrexa de Santa María, o convento neoclásico do Carme ou o arco de Sant Roc, unha das antigas portas da cidade e testemuña do saqueo do pirata turco Barbarroxa en 1535. Con todo, é no porto e na ría onde atoparás os maiores atractivos de Maón: a fortaleza da Mola, os restos do castelo de Sant Felip e o forte Malborough, erixidos polos ingleses.

Ciutadella

Foi a capital de Menorca ata que os ingleses a trasladaron a Maón. Sen dúbida, a praza de Es Born, antiga praza de armas, que acolle o concello e dous dos palacios señoriais que prestan o seu aire elegante á cidade, son parada obrigatoria. Tamén o casco vello, onde a catedral gótica, os edificios aristocráticos e as arcadas medievais reteñen a atmosfera de pasadas épocas. Outra zona de sumo interese é o porto, cos seus bares e restaurantes, e famoso polas troulas que aquí se celebran o día de San Xoán, cando milleiros de persoas rodean a un feixe de xinetes, facendo que os seus cabalos se levanten sobre as patas.

Barranco D'Algendar

É un desfiladeiro impresionante de sete quilómetros de lonxitude, con paredes de máis de 50 metros de altura e pola que corre auga todo o ano, alimentando unha flora excepcional. Ao ser un dos enclaves máis fermosos e virxes da illa, é un sitio perfecto para unha deliciosa excursión por camiños milenarios entre frondosos bosques mediterráneos e restos de antigas construcións en rochas, cavernas e ladeiras.

Fornells

É un fermosísimo pobo pescador dun branco inmaculado na costa norte menorquina, a chamada Costa do Vento, onde se come a mellor caldeirada de lagosta do mundo. Ocupa a enseada dun fermoso e transparente porto natural, e cómpre ver a súa igrexa parroquial e a Torre do Moro.

Naveta d'Es Tudons

Moi preto de Ciutadella atópase a máxima atracción arqueolóxica de Menorca: a naveta d'Es Tudons, un edificio funerario en forma de nave invertida que foi construído no século XVI a.C. e que impresiona pola dimensión das pedras dos seus muros. É o máis famoso dos monumentos megalíticos erixidos en Menorca pola civilización procedente do leste que colonizou as Baleares na Idade do Bronce e que deixou máis de 200 talaiots espallados por toda a illa.

Volver