Saída
Regreso
Buscar datas
Nº Pasaxeiros:
/
Idioma    

Voos a Malta

No centro do mar Mediterráneo atópase Malta, a maior das tres illas habitadas do arquipélago maltés, xunto a Gozo e Comino. A situación estratéxica da illa marcou a súa historia, caracterizada polas conquistas, o comercio e o influxo de diferentes culturas.

Malta é unha illa mística, na que podes atopar desde alxubes medievais ata catedrais normandas. Se prefires, podes pasear polas estreitas rúas lastradas da súa capital, A Valeta, ou perderte polas baías e portos do seu litoral.

Pola súa cultura, clima e paisaxes, Vueling lévate a Malta.

Hoteis a Malta


Volver

Aeroporto de Malta


O Aeroporto Internacional de Malta está a 5 km ao sueste da Valeta, capital de Malta.

O acceso en coche está moi ben sinalizado. Desde o aeroporto, só tes que coller a estrada principal para Marsa e chegarás directamente á Valeta. Se non dispós de vehículo propio, podes alugar un no aeroporto (16€-28€) ou coller un taxi que te pode levar ata calquera lugar da illa por unhas tarifas establecidas (en función da distancia).

Xusto ao saír da zona de facturación de equipaxe, atoparás a parada do autobús nº 8, que te leva regularmente á Valeta por un prezo moi accesible.

Se desexas máis información, podes chamar ao número (0) 2369 6073/4 da oficina de información turística Malta Tourist Information, dispoñible as 24 horas do día. Tamén podes atopar máis información en www.visitmalta.com ou en www.maltairport.com


 Autobús urbano Taxi Aparcamiento 1 h

Prezos

0.35€ a 0.58€ + info

4.66 €



Para más información:
Aeropuerto :
+356 5004 3333



Aluguer de coches a Malta

Volver

Restaurantes

Na cociña maltesa pódense apreciar as diferentes culturas que deixaron o seu influxo na illa, como a siciliana ou a británica. Os pastizzi (empanadillas de queixo), a timpana (follado de macarróns, queixo e ovo) ou o fenek (coello), son algunha das súas especialidades. Poderás probalas nalgúns destes restaurantes:


Rubino

Este renovado restaurante está decorado de forma tradicional, pero ofrece cociña moderna maltesa e mediterránea. Aquí podes probar o estufado, a cassata e as súas sobremesas especiais con ricotta.
53 Old Bakery Street (A Valeta)
Tfno.: 00 356 2122 4656


Two and a Half Lemon

Este restaurante propón unha viaxe gastronómica polo sur de Europa, mesturando sabores e texturas de diferentes lugares. O seu coidadoso deseño farate sentir moi a gusto. ¡Recomendámosche que pidas o peixe do día!
Vault, 5. St Angelo Waterfront
Porto Vittoriosa (Malta)
Tfno.: 00 35 621 809 909


De Mondion

No ático do hotel Xara Palace, atoparás este luxoso restaurante. É unha visita obrigatoria para os amantes da boa cociña, xa que poderán descubrir os pratos máis innovadores, elaborados cos mellores produtos de temporada.
Misrah il-Kunsill, Mdina RBT 12 (Malta)
Tfno.: 00 356 214 505 60.


Museum Café

Se queres repoñerte despois dun día paseando e visitando todo o que Malta pode ofrecer, este é o mellor lugar. ¡Atrévete coa cervexa ou o viño da zona!
Melita Street 24 (A Valeta)
Tfno.:  (+356) 21 242833


Blue Elephant Malta

Este restaurante foi galardoado en varias ocasións como o máis romántico de Malta. Situado no hotel Hilton, ofrece a mellor e máis cara «Royal Thai Cuisine».
Portomaso (St. Julians)
Tfno: + 356 21 383 383


Club 22

Despois de coñecer a illa, podes ir a este club a tomar unhas copas, escoitar boa música e gozar do ambiente. ¡Convida a todos os teus amigos!
Torre Portomaso, andar 22 (St. Julians)


Volver

Horarios comerciais


Os centros comerciais e as tendas adoitan abrir das 9:00 a 13:00 horas pola mañá, e das 14:00 a 19:00 horas pola tarde. Nas zonas máis turísticas, as tendas poden ampliar o seu horario ata as 22:00 horas. Só pechan os domingos e os festivos nacionais.
Volver

Puntos de interese


La Valletta

É a capital de Malta, e foi famosa por ser a cidade dos Cabaleiros da Orde de San Xoán. Actualmente, podemos visitar esta vila amurallada construída no século XVI, moi ben conservada e do tamaño perfecto para percorrela en poucas horas. Algúns dos seus lugares máis interesantes son a Porta da Cidade, o Auberge de Castille, o Pazo do Gran Mestre e os Upper Barraca.


Medina

Esta cidade ten 3.000 anos de antigüidade e foi o centro político de Malta. Nela podemos ver edificios normandos e barrocos, e pasear polas estreitas rúas lastradas. O Palazzo Falzon é o edificio normando mellor conservado. Tamén é aconsellable visitar a Catedral Siciliano-Normanda, igrexa católica do século XI situada na Piazza principal.


Bahías Dorada y de Gneina

Aínda que o litoral de Malta é moi abrupto, podemos atopar bonitas praias. Por exemplo, na costa noroeste atópanse as baías Dourada e de Gneina, e, no sueste, a baía de St. George. As súas augas son tranquilas, mornas e ideais para facer submarinismo.


Cottonera

Victoriosa, Senglea e Cospicua son As Tres Cidades fortificadas que forman Cottonera. Construídas no século XVII son o claro exemplo da arquitectura militar europea. Moi preto atopamos o Hypogeum, formado por unha rede subterránea de covas, túneles e cuartos de 4.400 anos de antigüidade.


Gozo

Gozo é a illa do arquipélago maltés que ofrece a campiña máis bonita. O seu ritmo é máis lento e ten menos turismo, pero, se for posible, non deixes de visitala. Victoria é o centro da actividade comercial da illa e aínda se aprecian as súas orixes do século XVII. Tamén aconsellamos que sigas os pasos de Ulises na Gruta de Calipso, ou que visites os Templos de Ggantija e o de Xaghra.


Comino

Esta é a illa máis pequena do arquipélago. En Comino só habitan agricultores, aínda que nalgunhas ocasións podemos ver algúns viaxeiros curiosos. Ao non circularen os coches, a única alternativa é escalar as rochas da costa ou nadar e mergullarse nas súas baías.

Volver