Voos a Madrid
Esta é posiblemente a cidade máis efervescente e impetuosa de Europa. A vida nocturna é perpetua e tola, os estraños fanse amigos, desátanse paixóns en instantes e os que a visitan caen adictos aos seus encantos. Por iso Vueling te leva a Madrid.
O tempo a MadridAeroporto de Madrid
O aeroporto de Madrid-Barajas está a 13 km ao nordeste da capital e conta con catro terminais. Hai servizos de taxis, autobuses e metro entre o aeroporto e Madrid.
Restaurantes a MadridMadrid ofrece, probablemente, a maior variedade culinaria de España. Ademais da rica cultura gastronómica española, en Madrid pódese degustar unha das maiores variedades de cociña internacional. A decisión é túa, pero ten en conta a fórmula Vueling: aforra voando connosco e date un capricho nun bo restaurante. ArabiaDeliciosa cociña árabe nun ambiente evocador e divertido. Piamonte, 12 BazaarConverteuse nun dos mellores «bazares gastronómicos» de Madrid. Situado no ecléctico barrio de Chueca, Bazaar ofréceche unha rica e variada cociña que fusiona as tradicións mediterránea e moderna por un prezo máis que aceptable. Proba as crêpes de polo en salsa verde, o lombo de boi con parmesano e rúcula e non te esquezas do chocolatísimo, unha sobremesa ideada para o goce dos máis lambereteiros.Libertad, 21 Cacao SampakaChocolate en todas as formas, texturas e combinacións imaxinables. Tenda, café, librería e restaurante fusiónanse neste espazo único e sorprendente.Orellana, 4 La MusaClub, coctelería e restaurante, La Musa ofrece unha cociña imaxinativa elaborada con produtos naturais, desde tapas ata guisos de culler.Manuela Malasaña, 18 ØlsenComo ben indica o nome, Ølsen ten moitos trazos escandinavos, pero non os típicos. Seguen o espírito da cociña caseira empregando ingredientes básicos, pero combinándoos de xeito exquisito e innovador. Os pratos, sinxelos, abondosos e saborosos, sérvense nun ambiente cálido e relaxante.Prado, 15 Horarios comerciais a MadridCase todas as tendas abren de luns a sábado desde as 10:00 ata as 14:00 h. e dende as 17:00 ata as 20:00 h. aproximadamente, aínda que algunhas permanecen pechadas durante a tarde dos sábados. Os grandes centros comerciais teñen un horario continuado de 10:00 a 21:00 h., incluíndo algúns domingos e días de festa. Puntos de interese a MadridPraza MaiorUn dos sitios máis emblemáticos de Madrid. Os domingos celébrase unha feira de selos e moedas, no Nadal unha feira de artigos típicos da época e habitualmente acolle baixo os seus soportais pintores e músicos da rúa.Porta do SolCentro neurálxico da capital con infinidade de comercios, restaurantes, bares e cafeterías nas súas proximidades. Na praza está o quilómetro cero, a partir do cal se miden as distintas estradas radiais que comunican Madrid co resto de España.La LatinaCorazón do Madrid dos Austrias con numerosos sitios de encanto para ir de tapeo ou descubrir a famosa vida nocturna de Madrid.ChuecaUn céntrico barrio de Madrid con tendas que marcan tendencias da moda urbana, restaurantes sorprendentes da cociña española, étnica e de fusión e lugares insospeitados para cortar o pelo ou facerse unha tatuaxe. Non deixes de descubrilo.Museo Nacional do PradoSen dúbida, unha das maiores pinacotecas do mundo.Paseo del Prado, s/n Museo Nacional Centro de Arte Reina SofíaAmpla colección permanente de arte española moderna e contemporánea, con interesantes exposicións itinerantes. Recentemente estreouse a primeira fase da ampliación do museo, ambicioso proxecto que está a levar a cabo Jean Nouvel.Santa Isabel, 52 Tel.: 91 467 50 62 Museo Thyssen-BornemiszaSituado no Palacio de Villahermosa (s. XIX), foi remodelado polo arquitecto Rafael Moneo para acoller unha impresionante colección de pintura reunida pola familia Thyssen-Bornemisza ao longo de máis de dúas xeracións.Paseo del Prado, 8 Tel.: 91 369 01 51 BataviaBatavia é sen dúbida unha das tendas de decoración máis exquisitas de Madrid. Un verdadeiro descubrimento para os amantes de Asia, con mobles, obxectos e accesorios de lugares tan exóticos como Myanmar, Vietnam, China e Tailandia, todo isto sen que che custe un ollo da cara. Un verdadeiro tesouro.Serrano Anguita, 4. Tel.: +34 91 594 22 33
Librería galería Panta RheiPanta Rhei é un interesante multiespazo dedicado á cultura contemporánea no que podes atopar libros de deseño gráfico, dixital, de publicidade, o último en catálogos de exposición dos artistas máis destacados, libros de moda, de decoración, libros de artista e edicións de regalo ou literatura infantil ilustrada, ademais de obxectos de regalo contemporáneos. Aquí podes atopar tamén a única sala de exposicións especializada en ilustración e deseño de Madrid.Pelayo, 68 +34 91 319 89 02 http://www.panta-rhei.es/ Guías on-line de MadridAS NOSAS GUÍAS ON-LINE PREFERIDASEn castelán: http://madrid.lanetro.com/ http://www.guiadelocio.com/madrid/index.cfm
Volver Mais Cidades Vueling |