Voos a Lleida
¿Aínda non fuches a Lleida? Lánzate á aventura e descubre todas as sorpresas que esta provincia do interior de Cataluña pode ofrecerche. Aeroporto de Lleida
O aeroporto de Lleida-Alguaire está situado a só 15 quilómetros da cidade de Lleida. É un punto clave, xa que se atopa perfectamente situado desde o punto de vista turístico e comercial. O tren de alta velocidade AVE conecta a cidade de Lleida con algunhas das principais cidades españolas e permite chegar a cidades como Madrid, Barcelona e Zaragoza dunha forma rápida e cómoda. As estradas e autoestradas enlazan o aeroporto con outros puntos importantes do estado español, un dato importante para a distribución de mercadorías e para os turistas que queiran visitar a cidade de Lleida, os Pireneos ou, un pouco máis lonxe, a costa catalá. Para máis información,
Restaurantes a LleidaA gastronomía de Lleida é variada e moi ampla. Destaca, por enriba de todo, a súa paixón polos caracois a la llauna. Sempre poderás acompañar calquera prato co clásico pan con tomate catalán e cun bo viño da zona: por exemplo, o viño con denominación de orixe Costers del Segre. A hortaA cociña deste restaurante é clásica, tipicamente catalá. Os seus pratos destacan pola sinxeleza e calidade da materia prima. Atrévete a probar os caracois a la llauna ou escolle outro dos seus pratos tradicionais, como a carne á brasa. Avda. Tortosa 9, Lleida ZekeÉ un bar de tapas especial. Non só ten a carta típica senón que, ademais, ofrece boas carnes e os produtos máis saborosos da horta de Lleida. Énchese con facilidade, así que che recomendamos que vaias a primeira hora. Avenida Prat de La Riba 42, Lleida.Tel. +34 973 225 551 L’AncoraEste pequeno local ofrece cociña mediterránea e creativa de calidade. Entre os seus pratos principais destaca a famosa fideuà catalá e os deliciosos arroces. A decoración é moderna e o ambiente moi acolledor. ¡Esperamos que che guste! Folch I Torres 3, LleidaTel. +34 973235340 Casa IreneNo Val de Arán atopamos este restaurante típico dos Pireneos. Está a só 6 quilómetros de Baqueira-Beret, o que fai que resulte o lugar perfecto para recuperarse do cansazo tras un día de esquí ou, por que non, despois dunha gran excursión. C/ Major 3, Arties - Val d' Aran (Lleida)Tel. +34 973 64 43 64 Restaurante Café PessetsEste restaurante está situado en Sort, en pleno Pireneo de Lleida. A súa cociña é de elaboración moderna e utiliza os ingredientes de temporada máis frescos. Non esquezas pedir algunha das súas tapas máis destacadas, como o hummus, os bocartes ou os ravioli de foie. Avenida Diputació 3, Sort (Lleida)Tel. 973620000 Horarios comerciais a LleidaCase todos os establecementos comerciais da cidade abren as súas portas de 10:00 a 13:30 da mañá e de 16:30 a 20:30 da tarde, aproximadamente. Os bares e restaurantes adoitan permanecer abertos desde as 13:30 ata as 15:30 e, pola noite, desde as 21:30 ata as 23:00. Os domingos e festivos normalmente están pechados ao público, agás en datas especiais. Puntos de interese a LleidaCatedral de la Seu VellaÉ o monumento máis representativo da cidade de Lleida. Visitalo sorprenderate, sobre todo cando chegues ao precioso claustro (un dos máis grandes de Europa), que ofrece unhas vistas incribles da cidade. Campos ElíseosXunto ao río Segre atópase o parque dos Campos Elíseos de Lleida. É unha das zonas verdes máis importantes da cidade, con amplos xardíns e zonas de paseo. Tamén alberga edificios de estilo novecentista e modernista. Val de AránAo norte da provincia de Lleida atópase o Val de Arán, coa localidade de Viella como punto de referencia. Trátase dunha das zonas do Pireneo máis bonitas e visitadas polos turistas de toda España, especialmente polas súas pistas de esquí. Pallars SobiràFalar do Pallars é sinónimo de deportes de aventura. Nesta bonita zona do Pireneo poderás practicar moitísimos deportes como o rafting ou o barranquismo, e tamén poderás realizar rutas verdes de diferentes dificultades. EnoturismoNo referente a viños, a provincia de Lleida ten moito que dicir. Só tes que probar a súa denominación de orixe «Costers del Segre», ¡é a mellor mostra da súa calidade! Se queres saber máis sobre a colleita da uva e a elaboración do viño, podes visitar diferentes adegas. Por exemplo, as cavas de Raïmat. Guías on-line a LleidaAS NOSAS GUÍAS ON-LINE PREFERIDASSobre a cidade: http://www.lleidatur.comhttp://es.viajes.yahoo.com/ http://turisme.paeria.es/
|