Saída
Regreso
Buscar datas
Nº Pasaxeiros:
/
Idioma    

Vuelos a Gran Canaria

As Palmas de Gran Canaria é a capital de Gran Canaria. Esta illa do arquipélago canario caracterízase por ter sorprendentes cantís ao norte e quilómetros de praias ao sur. Evidentemente, o clima é un factor clave para visitar a illa, pero tamén conta con outros atractivos moi interesantes, como a historia que se respira en todos os seus recantos.

Ao visitar a illa, descóbrese unha gran riqueza cultural, herdada da combinación de diferentes influxos: os guanches aborixes, o pasado colonial e a proximidade de África.

Polo seu clima, a súa fauna e a súa flora, Vueling lévate Gran Canaria.

Hoteis a Gran Canaria



Hotel Reina Isabel ****

Este atractivo hotel de praia e negocios está en primeira liña de mar. A súa situación é perfecta, xa que está a un paso da coñecida praia de Las Canteras e moi preto da avenida comercial máis importante da illa.

AC Gran Canaria ****

A pesar de ser un punto de encontro ideal para reunións de traballo e convencións, neste hotel sempre terás a sensación de estar nunha viaxe de pracer. A súa situación próxima á praia permite combinar traballo con deporte, entre outras actividades.

Hotel Rural las Calas

No corazón da illa atópase este tranquilo hotel rural construído no século XIX e restaurado en 1998. Aloxarse en Las Calas é revivir moitos anos de historia, porque a súa arquitectura segue a ser a do primeiro día. E coa seguridade de que te relaxarás.

Serenity Amadores

¿Queres calma e tranquilidade? Este é o teu aloxamento. Moi próximo á praia de Amadores, reúne todo o necesario para estar lonxe do ruído e vivir as túas mellores vacacións. Imaxina, ¡ata as terrazas están rodeadas de pequenas fervenzas!

Volver

Aeroporto de Gran Canaria


O aeroporto de Gran Canaria está na baía de Gando, nos concellos de Ingenio e Telde. Se non tes medio de transporte privado para moverte pola illa, non te preocupes, aquí che mostramos outras opcións.

Podes coller un taxi para ir a calquera punto da illa. Custarache 10 ou 15 euros, en función da distancia que haxa ata o teu destino.

Outra boa opción é coller un dos autobuses que esperan na entrada da terminal principal. Só custan 1 euro, e sae un cada 30 minutos durante case todo o día. Podes solicitar máis información no teléfono 922 411 922.


 Autobús urbano Taxi Aparcamiento

Prezos

1€ 15€

10.30 €





Aluguer de coches a Gran Canaria


Volver

Restaurantes

A cociña canaria é moi orixinal e diferente da do resto de España. O clima da illa permite degustar suculentos produtos da terra, e a súa proximidade ao Atlántico garante peixe de gran calidade. ¿Anímaste?

Anthurium

Aquí tes un restaurante que ofrece pratos tipicamente canarios. Comeza cunhas papas arrugadas e sigue cunha cherna á prancha, xa verás como te sorprende o seu sabor. Ademais, o ambiente é moi tranquilo e agradable.
Rúa Pi y Margall, 10 · 35006 As Palmas de Gran Canaria
Tel: (+34) 928 244 908


El Cucharón

Este sorprendente establecemento está no barrio de Vegueta. Aínda que é coñecido polos seus deliciosos pratos, nos que combina tradición e innovación, o máis salientable é a súa historia… ¡El Cucharón é unha farmacia restaurada de máis de 180 anos!
Calle Reloj, 2 · 35001 Las Palmas de Gran Canaria
Tel: (+34) 928333296


Tenderete II

¿Queres degustar comida caseira canaria? Acabas de atopar o teu restaurante. Terás que ir ata a praia do Inglés para probar os pementos asados ao estilo da casa, o cabrito estilo canario ou o leite asado (sobremesa típica). E, por suposto, acompaña os teus pratos con vinos da illa. ¡Bo proveito!
Av. Tirajana, 5, en playa del Inglés.
Tel: (+34) 928 761 460


Volver

Horarios comerciais


Nas Palmas de Gran Canaria, o horario comercial é máis amplo do normal. A maioría dos comercios abren as súas portas de 10:00 a 20:00 horas, aínda que nalgúns casos interrompen a súa actividade comercial durante a hora da comida, de 13:30 a 16:30 horas. Os centros comerciais teñen horarios máis extensos: abren ata as 22:00 horas de forma ininterrompida.
Volver

Puntos de interese


Museo Elder da Ciencia e a Tecnoloxía

¿Atráete a investigación científica? Pois non esquezas visitar este museo, no cal se afonda en temas de ciencia e se proxectan películas de formato IMAX, ademais de ofrecer espectáculos no planetario, así como obradoiros de prácticas científicas. Atoparalo no parque de Santa Catalina (As Palmas de Gran Canaria).


A Casa de Colón

Este edificio de máis de cinco séculos de antigüidade é toda unha institución cultural na illa. Desde 1451, a Casa de Colón adícase ao estudo e difusión da historia das illas Canarias, e ás súas relacións con América. No seu interior poderás ver grandes patios, artesoados de madeira e bonitos adornos de pedra. Para visitala terás que dirixirte ao barrio histórico de Vegueta.


Museo e Parque Arqueolóxico Cueva Pintada

A cova Cueva Pintada foi descuberta hai máis dun século e, aínda agora, é a representación artística máis auténtica da cultura aborixe de Gran Canaria. Tras moitos anos de escavacións, abriuse de novo ao público, devolvendo gran parte do seu valor turístico á zona norte da illa. É unha visita obrigada, se te atrae o relacionado con culturas antigas.


Xardín botánico de Gran Canaria

O excelente clima da illa fai que a flora canaria sexa frondosa e moi exuberante. Goza da natureza máis fermosa visitando este xardín botánico, no que atoparás flora que só sobrevive na illa e reliquias doutras eras xeolóxicas. Non o perdas, está a tan só 7 quilómetros das Palmas, en Tarifa Alta.


Roque Nublo

En Gran Canaria pódense atopar paisaxes incribles, e Roque Nublo é unha delas. É un dos puntos máis altos da illa, e agocha preciosos pobos entre os seus piñeirais. Ao camiñar por esta zona, únense á paisaxe sorprendentes barrancos rochosos de orixe volcánica. Se tes parella, é o lugar perfecto para pasar un día romántico e, se non, ¡goza da paisaxe!


O sur da illa

Diversión, diversión e diversión. Escolle entre todas as opcións que ofrece a illa para que te divirtas de día e de noite, de luns a domingo. Tes á túa disposición pubs, discotecas, locais e terrazas preto do mar. Coidado cando se pon o sol, en Gran Canaria pode pasar de todo ao caer a noite. ¡Divírtete moito!

Volver
Volver
Volver