Saída
Regreso
Buscar datas
Nº Pasaxeiros:
/
Idioma    

Voos a Bruxelas

Voos a Bruxelas
Bruxelas non é só a cidade de Tintín, dos eurodeputados e da OTAN, senón tamén unha das cidades máis interesantes e divertidas desta parte de Europa. Por iso Vueling voa a Bruxelas.

 


O tempo a Bruxelas

Hoteis a Bruxelas


Volver

Aeroporto de Bruxelas

Aeroporto de Bruxelas, Zaventem
Zaventem, o aeroporto internacional de Bruxelas, está a 14 km ao nordeste da cidade. Hai trens e autobuses con bastante frecuencia cara ás principais estacións de Bruxelas (Gare Central, Gare du Nord e Gare du Midi). O duty-free no aeroporto é malo e os prezos, mesmo sen impostos, son máis altos ca na cidade, se cadra agás o alcohol e o tabaco. O taxi dende o centro de Bruxelas tarda aproximadamente 15 minutos nun día sen atascos.

Aeroporto de Bruxelas

Autobús Tren Taxi Aparcadoiro
Prezo 8 € 2,6 € 29,75 € aprox. 1 hora: 2,4 €

1 día: 15 €
Volver

Aluguer de coches a Bruxelas

Volver

Restaurantes a Bruxelas

A oferta gastronómica en Bruxelas non é como a de París ou Londres, pero podes atopar un gran número de alternativas.
Ten en conta que, aínda que a maioría de restaurantes inclúen na conta a propina, os camareiros agardan algo máis.
Sen dúbida, non podes marchar de Bruxelas sen probares o prato nacional: «moules et pommes frites», é dicir, unha boa cazola de mexillóns e patacas fritas.

Restaurant François

Un restaurante con encanto que funciona dende 1922. Os mexillóns son moi frescos, pois teñen a súa propia peixaría a carón.

2 Quai aux Briques (00 32 2 511 6089).

Au Vieux Bruxelles

Un dos mellores lugares para comer mexillóns e patacas fritas. Este restaurante, fundado en 1882, está no corazón do barrio de Ixelles.

35 rue St Boniface (00 32 2 503 3111)

Kasbah

Se queres un respiro dos mexillóns, proba un dos mellores restaurantes marroquís de Europa. Cun ambiente moi romántico grazas á luz de candelabro, déixate impresionar polos seus espetos de año acompañados dun cuscús de oasis.

Rue Antoine Dansaert 20
+ 32 02 502 40 26

Bonsoir Clara

Sempre cheo, Bonsoir Clara converteuse nun clásico de Bruxelas. O seu deseño é cálido e agradable, combinando paredes de ladrillo con vidreiras e tapices de cores. A súa cociña, internacional mais con matices franceses, debería deixarche un bo sabor de boca. Non marches sen probar as trufas ou o salmón.

Rue Antoine Dansaert 22-26
+32 02 502 09 90
www.bonsoirclara.be

Biodrome

O sitio máis fashion de comida orgánica/vexetariana en toda Bélxica. Proba o buffet de ensalada ou o menú especial, que inclúe sesión de relaxación.

Rue Marche Aux Charbons 76-78 (Rue Lombard)
+32 02 502 12 10

Le Pain et le Vin

O único que fai referencia ao estoico nome deste fantástico restaurante é a súa decoración e a súa cociña minimalista. Acompañado por un dos seus moitos viños recomendables, déixate seducir polo risotto con espárragos ou o atún. Se a isto lle engades poder sentarte no seu xardín cando fai bo tempo, ¿que máis che podemos contar?

Chaussée d'Alsemberg 812ª
+32 02 332 3774

Volver

Horarios comerciais a Bruxelas

O horario comercial en Bruxelas normalmente é de luns a venres de 08:30 a 17:30 h. Os bancos abren de luns a venres desde as 09:00 ata as 15:30 h. As tendas abren de luns a sábado de 10:00 a 18:00 h. e as tendas por departamentos, ata as 21:00 h. os venres.
Volver

Puntos de interese a Bruxelas

Grand Place

Na praza contrastan o estilo gótico da Municipalidade de Bruxelas cos edificios barrocos que a rodean. A Grand Place funciona como mercado de flores e de aves e tamén como escenario de recitais.

Grand sablon

Restaurantes, bares, cafés, negocios de antigüidades e arcadas rodean esta praza, polo demais moi elegante. As fins de semana organízase na rúa un mercado de antigüidades de gran nivel.

Manneken pis

Esta simpática estatua de bronce dun rapaz ouriñando nunha fonte é coñecido como a Escultura dos Antigos Habitantes de Bruxelas. A estatua actual é unha copia da orixinal, que foi roubada polos soldados franceses no século XVIII.

Museo de arte moderno

De acordo co seu contido, o edificio do museo ten un estilo avanzado. As obras están distribuídas en sete pisos, nos que se poden ver coleccións de artistas belgas e franceses, na súa maioría dos últimos cen anos. O máis salientable son as obras de Magritte e Delvaux.

Museo Horta

Víctor Horta é recoñecido como o creador do art nouveau e na súa casa foi construído un museo dedicado á súa figura. Alí traballou dende 1919 entre os mobles e a decoración que hoxe poden apreciarse durante a visita.

Catedral de San Miguel de Gudulé

É a maior igrexa da cidade e foi inaugurada no século XIII, seguindo o estilo gótico imperante na época. As súas vidreiras son a maior atracción, xunto coas súas torres xemelgas.

Quartier de Láilôt Sacré

É a zona de maior vitalidade de Bruxelas, onde os vendedores de xoias e reloxos ofrecen as súas mercadorías mesturados cos carteiristas que aproveitan a constante cantidade de xente para facerse con algúns artigos de valor. Tamén é un bo lugar para visitar bares e restaurantes.

Volver
Volver