
Atopar os mellores prezos de voos de Hamburgo.
O aeroporto internacional de Hamburgo está situado a só 8 km ao noroeste da cidade. É un dos máis transitados de Alemaña, xa que opera con destinos de todo o mundo.
Está formado por 2 terminais conectadas entre si por un servizo gratuíto de autobuses. Dispón de numerosos servizos de tendas, bares e restaurantes. Dentro do aeroporto tamén podes atopar unha axencia de viaxes e, en ocasións, celébranse algunhas exhibicións e eventos.
Para máis información
Sitio web oficial: http://www.ham.airport.de
Tel.: +49 (40) 50 75-0
Hamburgo é unha das cidades máis importantes de Alemaña. Sobre todo, é famosa polo seu incrible porto, tan grande e espectacular que é coñecido como «a porta do mundo». Pasa pola zona e descubre este fascinante lugar, dende o que podes comezar un precioso paseo ás beiras do río Elba ou dos numerosos canais que cruzan a cidade.
E a ruta non acaba aquí, porque Hamburgo ofrece moito máis: unha longa historia, moitísima actividade cultural e deportiva, unha gastronomía deliciosa e, sobre todo, unha gran vida social. Descúbrea!
Consulte o noso calendario de eventos en Hamburgo.