
Atopar os mellores prezos de voos de Estrasburgo.
O aeroporto internacional Entzheim de Estrasburgo está a 12 km do centro da cidade. É un importante aeroporto francés que opera con destinos nacionais e internacionais, sobre todo a nivel europeo.
Dispón duna única terminal con zona comercial e de restauración,ademais de ofrecer outros servizos como salas de conferencias, zona wi-fi, caixeiros automáticos, etc.
Moi cerca da fronteira con Alemaña está a cidade francesa de Estrasburgo. Pola súa situación estratéxica, exerce de sede doConsello de Europa e doutras institucións internacionais. Como podes ver, estamos ante unha cidademoibonita ede grande importancia a nivel político.
Só tes que pasear pola Grande Illa para namorarte do seu centro histórico. Unha illa que nace da canalización do río III e que foi declarada Patrimonio da Humanidade. Pasea polas súas rúase descubrirás algúns dos monumentos máis famosos: a Catedral, o Pilar dos Anxos, o Palacio Rohan, etc.
Por ser unha cidade preciosa e moi importante a nivel europeo, Vueling lévate.
Consulte o noso calendario de eventos en Estrasburgo.