
Atopar os mellores prezos de voos de Cardiff (Gales).
O aeroporto internacional de Cardiff está situado en Rhoose, a 20 km de Cardiff.É un dos máis importantes de Gales e un dos máis transitados do Reino Unido. Conecta con outros destinos de Europa e Norteamérica.
Ten unha única Terminal na que se centraliza o tráfico de pasaxeiros nacionais e internacionais. Nela hai zona comercial, de ocio e de restauración, ademais de outros moitos servizos como un centro de información turística ou un espazo destinado a nenos.
Ásbeiras do canal Bristol está Cardiff, a pequena e encantadora capital de Gales. No centro da cidade está o seu símbolo máis famoso: o Castelo de Cardiff. Unha magnífica obra de arquitectura normanda reconstruída sobre antigas ruínas romanas.
E despois, pasea pola baía e reláxate nun dos bares e restaurantes que están na zona do Porto. Moi cerca de alí podes visitar o grande Wales Millennium Centre, o centro de artes escénicas da cidade.
Por ser unha cidade que combina a tradición galesa coa arte máis moderna, Vueling lévate.
Consulte o noso calendario de eventos en Cardiff (Gales).